
O Concello do Barco únese ao apagón ambiental
A partir das 23:00 deste 5 de xuño, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, torres e outros monumentos. Esta acción está convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A partir das 23:00 deste 5 de xuño, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, torres e outros monumentos. Esta acción está convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Concello Vello do Barco de Valdeorras está dentro da listaxe de administracións locais que están adheridas a este "apagón ambiental". A partir das 23:00 deste 5 de xuño, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, torres e outros monumentos co fin de concienciar ademais sobre o consumo de enerxía.
Esta acción foi proposto polo Fondo Galego é unha das máis de 70 actividades que se están a impulsar nos concellos socios dentro do proxecto "People and Planet".
Segundo o que informan dende a Asociación asegunda que o consumo eléctrico en Galicia caeu un 16% no ano 2022, segue a ser un tema preocupante na actualidade, polo seu impacto ecolóxico pero tamén na economía das familias, de aí que cumpra continuar fomentando o aforro de enerxía, sen deixar de lado a visión crítica sobre os actuais sistemas de produción.
En xeral, consumir menos e facelo dun xeito responsable contribúe a combater a emerxencia climática e, polo tanto, a «manter o quecemento global por debaixo de 1,5°C neste século, o máximo aceptable para evitar consecuencias irreversibles sobre a vida do planeta e das persoas», explican dende o Fondo Galego.