jueves. 28.03.2024
somoscomarca_obarco_plazadeabastos_letrasgallegas_liberacionlibros (1)
somoscomarca_obarco_plazadeabastos_letrasgallegas_liberacionlibros (1)

Esta é a primeira vez que os homenaxeados nas Letras Galegas dun ano e do seguinte teñen un vencello moi especial. Florencio Delgado Gurriarán e Francisco Fernández del Riego levaron a cabo un traballo conxunto e unha cooperación moi especial que está detrás do éxito das empresas culturais realizadas no exilio mexicano na posguerra. Este feito inspirou o deseño do programa de actividades organizadas polo Concello do Barco para os próximos días.

Entre os días 16 e 17 de maio realizase a liberación de 400 libros. Serán libros divulgativos sobre os dous autores das letras e como non, libros escritos por autores da comarca ou sobre a comarca. Esta liberación farase en cooperación co Centro Comercial Aberto e coa Concellería de Turismo e Comercio. A liberación realizarase entre os clientes dos establecementos, que se inscriban na proposta, na praza do mercado do concello.

somoscomarca_obarco_plazadeabastos_letrasgallegas_liberacionlibros (3)

Este 16 de maio ás 20:00h no Teatro Lauro Olmo, Concerto das Letras a cargo do Conservatorio e da Escola Municipal de Música.

O Día das Letras, 17 de maio, as 18:00 horas, no Teatro Lauro Olmo, celebrarase o contacontos O loitador da Galaxia, basado na vida e obra de Francisco Fernández del Riego da man de Raquel Queizás.

O xoves, as 10.30 horas comezará a gala do Concurso de Podcast Don Paco en Liña da man de Cristina de la Torre. No acto escoitaremos parte dos traballos presentados ao concurso e coñeceremos os gañadores da excursión a terras de Lourenzá.

As  20.30 horas celebrarase a estrea do filme Florencio na Terra. O director petinés Domingo D. Docampo estreará a versión definitiva da película baseada na vida do poeta valdeorrés.

O venres 19 de maio no Teatro Lauro Olmo, espectáculo musical infantil Consertasso na horta da man do artista Brais das Hortas. Xa o sábado 20, ás 11:00 horas, na Ludoteca, programouso un obradoiro de xogos e xoguetes populares. 

Arrancan os actos das Letras Galegas no Barco