jueves. 28.03.2024
somoscomarca_roteiro_a_coruña_memoria_historica

Convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e coa colaboración da Asociación Veciñal da Agra do Orzán e a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, tivo lugar na mañá deste sábado na Coruña, un roteiro no que se lle cambiaron os nomes a catro rúas que homenaxeaban a catro alcaldes franquistas.

Un dos nomes cambiados foi o de Alcalde Peñamaría de Llano que foi sustituído por Mártires de Valdeorras, como reparación ás vítimas da represión fascista nesta comarca pola bandeira da lexión, comandada polo tenente Peñamaria.

Neste acto simbólico, colocáronse carteis informadores dos nomes expostos nas 4 zonas da cidade herculina, xa que as placas de carácter oficial seguirán a estar colocadas no seu emprazamento actual ata o día no que o pleno da cidade da Coruña decida eliminar estas referencias de forma oficial.

No acto inerterviu Jesús Vilasánchez, concelleiro do BNG no Barco.

Acto simbólico da CRMH ca presenza de Valdeorras