jueves. 19.06.2025

A hostelería do Barco verá aumentado o aforo das terrazas

Como medida excepcional e salientando o sacrificio dos locais de hostelería dende o concello veñen de aumentar o aforo das terrazas

O Concello do Barco ven de anunciar tras un estudio da Policía Local e diferentes reunións da Comisión de Obras un novo modelo para as terrazas de establecementos hostaleiros. Dende o consistiroio considérase que favorecerá unha maior actividade económica sen perxudicar a saúde pública.

Así os titulares dos bares e restaurantes recibirán nos próximos días indicacións concretas para os seus establecementos así como unha carta onde se explicarán os novos modelos.

Os futuros criterios de distribución de mesas nas terrazas teñen como obxectivo principal o de cumprir as normas sanitarias e previr contaxios pola Covid-19. Tamén outras cuestións como a solidariedade e a xenerosidade, por elo estableceuse un aumento de mesas en todos os casos tomando como referencia as licencias do 2019.

Nos locais con 7 mesas poderán subir o aforo nunha mesa. Os de 8 ou máis terán a opción de aumentar en 2. Como norma xeral todos os establecementos poderán ter ata 4 mesas, incluidos os que non tiñan concesión fai 2 anos e teñen terraza provisional.

Continuará sendo necesario respetar o 1,5 metros de distancia interpersoal, vados permanentes, mobiliario urbano, escaparates, beirarrúas, zona de carga ou descarga, espazos entre outros bares. Por este motivo algúns establecementos non poderán aumentar o aforo.

As medidas son provisionais ata o vindeiro 31 de decembro do 2021 debido principalmente a situación excepcional debido a pandemia da Covid-19.

Dende o concello lembrase que o incumprimento das medidas de espazo
ocupado e número de mesas son motivo de falta leve e graves,
poden ser sancionados, e incluso poden levar á perda da
concesión da licenza.

A hostelería do Barco verá aumentado o aforo das terrazas