viernes. 19.04.2024

Este verán choveu en Galicia un 27% menos do habitual e iso, encadeado a unha primavera e un inverno tamén especialmente secos, plantexa unha situación moi problemática para o campo galego. Se este mes non cambia o tempo, en outubro Galicia estará oficialmente en alerta pola seca. Por iso, as dificultades para os gandeiros son múltiples. As máis inmediatas: a falta de auga para que beban os animais e a falta de pasto; as que agardan á volta da esquina: a escasez de herba para alimentalos no inverno, o prezo á alza de forraxes e piensos e a baixa produtividade dos rebaños, que teñen menos crías por estar peor alimentados.

Esta é a situación que describe Juan González (Manzaneda, 1978), gandeiro na aldea de Palleirós, en Manzaneda. No seu caso teñen rebaño de ovino e caprino, que pasa os veráns na parte alta da montaña, e tamén vacas. Nin el nin os veciños recordan un verán así e asegura: «Aínda non sabemos como imos superar o inverno». A súa mirada e opinión é a de quen vive e quere seguir vivindo do agro.

AUDIO. Juan González, gandeiro: «Aínda non sabemos como superar este inverno»