miércoles. 02.07.2025

O orzamento do Concello de Manzaneda foi aprobado tras varias prorrogacións

Ás veces por falta de secretario e outras por estar en minoría, pero este ano si que foi posible aprobalos
portada_somoscomarca_manzaneda_Emiliogonzalezafonso_amablefernandez_concello_2023-03-20
Concello de Manzaneda

Ás veces por falta de secretario e outras por estar en minoría, estas son as razóns polas que o orzamento do Concello de Manzaneda levaba anos prorrogando o orzamento. Pero esta vez, coa colaboración do novo secretario, foi posible poder sacalos a tempo e así se reflexa no Boletín Oficial da Provincia. 

«Agora si que foron para adiante. Esperemos que nos permitan funcionar ben, que sexa un ano tranquilo e poder facer cousas para Manzaneda», desexa Amable Fernández, alcalde do Concello. A maior parte do orzamento vai ir dedicada a persoal. De feito, «como a residencia de anciáns é do propio concello, aí temos moitas persoas empregadas», segura o alcalde. 

Estamos a falar de un presuposto que supera os dous millóns de euros, «parece unha salvaxada para un concello pequeno, pero sobre un millón e medio vai para o persoal», asegura. 

Por outra banda, Fernández explica que outra parte do orzamento, uns 700 mil euros, irán para todos esos gastos correntes que se poden ter por parte do concello. «Falo da comida para a residencia, luz, gasoil ou o gasto en maquinaria». 

O resto, uns 70 mil euros son para obras, «que para todo un ano, a verdade, permítenos facer cousas básicas. O que facemos o longo do ano veñen sendo moitas con convenios ou subvencións», explica o alcalde. 

Obras para este 2024

Nestos momentos, coa Deputación, «queremos bachear a nosa parte da subida ata a Estación de Montaña», explica. «Tamén vamos facer melloras nas atraídas da auga. Na aldea de Reigada farémolo nos próximos meses, o plan xa está aprobado na Deputación, falta sacalo a licitación», engade o alcalde. 

O resto de obras que se poidan facer, iranse vendo pouco a pouco durante este ano. En moitas ocasións, fanse a través de subvencións entón débese esperar. 

O orzamento do Concello de Manzaneda foi aprobado tras varias prorrogacións