Manuel Pardo visita o campamento de verán de Manzaneda, que reunirá a 420 rapaces ata finais de agosto
A Estación de Montaña de Manzaneda continúa converténdose cada verán nun dos principais destinos do programa autonómico «Modo Verán Activo». Ata finais de agosto, un total de 420 nenos e nenas participarán nas cinco quendas do campamento organizado pola Xunta, unha iniciativa que forma parte da oferta estival da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Con motivo da segunda quenda, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse este mércores ás instalacións de Manzaneda para saudar aos participantes e coñecer de preto o desenvolvemento das actividades.
Durante a visita, explicou que este campamento, dirixido a rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos, combina ocio, deporte e aprendizaxe nun entorno natural privilexiado. Entre as propostas que realizan os participantes figuran actividades como tirolina, parque multiaventura, hípica, orientación ou piscina, ademais de aproveitar as instalacións do complexo, que conta con albergue, comedor, pavillón polideportivo, ximnasio, spa, pistas de tenis e campo de fútbol.
Pardo lembrou que o obxectivo destes campamentos vai máis alá do lecer, xa que buscan favorecer a educación non formal e o desenvolvemento de competencias persoais ao tempo que permiten aos mozos e mozas coñecer mellor a xeografía, o patrimonio natural, cultural e etnográfico da provincia.
O delegado tamén puxo en valor a importancia destas iniciativas como ferramenta de conciliación para as familias. «Con campamentos como este Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa», sinalou, destacando ademais que o programa constitúe unha «aposta segura» para que as familias poidan compaxinar a vida laboral co tempo de lecer dos seus fillos.
Máis de 11.900 prazas en toda Galicia
O campamento de Manzaneda forma parte da campaña «Modo Verán Activo 2026», que este ano alcanzou a cifra récord de 11.932 prazas en toda Galicia, 300 máis que na edición anterior, cun investimento de 5,5 millóns de euros. A modalidade de campamentos concentra a maior parte da oferta, con 8.050 prazas distribuídas en 36 instalacións, ás que se suman minicampamentos, campos de voluntariadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado