Concello de Manzaneda: programación do Nadal
22 de diciembre de 2023 (15:29 h.)
Un programa feito con alegría e baseado nos costumes destas datas
O Concello de Manzaneda presentou a programación do Nadal deste ano. O lema destas actividades é: "Valorización dos costumes destas datas nas zonas rurais da montaña galega".
Son unhas actividades cheas de música. Están feitas a medida para os máis maiores e os máis pequenos das casas. O primordial é disfrutar e, sobre todo, sentir o espíritu navideño.
Programa de Nadal:
- O día 23 de decembro dende as 18:30 no Centro de día:
- Concerto Acordeonistas "Airiños da Porta Falsa".
- O 28 de decembro dende as 18:30 no Centro de día:
- Baile e música tradicional das pandereteiras "A Quinchousa Oscura, a asociación de baile "A Pinguela"
- Grupo de gaita e percusión do "Pandigueiro"
- O día 29 de decembro dende as 16:30h no Centro de Día:
- Nadal en Rede "o Castiñeiro do Apalpador", títeres de "Fantoches Baj"
- Actividade de concicencia conxunta para a acativada de Manzaneda e Chandrexa de Queixa, que rematará cunha petiscada.
- Entre o día 2 e o 4 de xaneiro, dende as 15:30h ata as 19:30 no Pavillón Municipal:
- "BrincaManzaneda" inchables.
- O día 5 de xaneiro ás 18:30 saíndo dende o colexio:
- "Cabalgata de Reis", con remate de recollida de regalos e chocolatada.