A comida popular de Manzaneda acolle arredor de 1000 persoas
14 de febrero de 2024 (10:29 h.)
O martes 13 fixo que Manzaneda se enchera de xente para desfrutar do seu día grande
O martes 13 fixo que Manzaneda se enchera de xente para desfrutar do seu día grande. Os fulións remataron de tocar no colexio, xusto ao lado de onde se ía celebrar esa comida popular.
O pavillón comezou a encherse de xente. Entre participantes no desfile, veciños e persoas que se acercaron a ver este momento, calcúlase que foron arredor de 1000 persoas.
Todos os asistentes puideron tomar empanada, chourizo, patacas e carne o caldeiro, todo isto acompañado de sobremesa e bebidas. Aínda que os fulións deixaran de tocar, a troula e as boas sensacións non deixaron de notarse en toda a comida.