miércoles. 31.05.2023

Patricia Lamela: «A nosa candidatura, representa unha oferta seria que busca mellorar o que xa temos»

A candidata polo PP ao Concello de Larouco, Patricia Lamela expuxo aos seus veciños e veciñas o programa político, onde a clave está en «mellorar». Estivo acompañada pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García e o presidente da Deputación, Manuel Baltar

A candidata popular afondou nas liñas mestras do seu programa, cuxa clave é «mellorar».Porque «implica respectar as decisión de aqueles que antes que nos investiron os seus esforzos en facer de Larouco un Concello mellor».

Destacou a importancia da colaboración coa Deputación e coa Xunta de Galicia para «seguir construíndo Larouco» ante a a presenza da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García e o presidente da do ente provincial, Manuel Baltar. 

somoscomarca_larouco_mitin_politica_pp_patricialamela_20232023843 (12)
Baltar, Lamela e García antes de entrar ao salón de actos

As claves desta mellora pasan por dez puntos que foi degrañando un a un: axuda á familia, protección aos maiores, axuda á xuventude, comodidade e calidade de vida, protección do medio ambiente, oferta cultural, solución as súas necesidades dos veciños, atención ao cidadán, riqueza patrimonial instalacións deportivas.

«Melloraremos a protección e axuda á familia, ampliando a oferta de vivenda social ademais de reforzar a atención aos nosos maiores», sinalou Patricia Lamela, que tamén avanzou que «traballaremos para mellorar os niveis de comodidade de todos os nosos veciños».

somoscomarca_larouco_mitin_politica_pp_patricialamela_20232023843 (11)
O salón de actos do concello encheuse de veciños e veciñas

Apostou por reforzar as liñas de cooperación cos emprendedores: «Declararemos ao Concello de Larouco como un 'Concello Emprendedor'». E sobre o traballo cotiá do Concello, explicou que «queremos seguir mellorando a atención aos veciños, para que todos poidan atopar no Concello a solución ás súas necesidades», ademais de «reforzar a participación cidadá nos asuntos municipais, en especial na transparencia das contas».

somoscomarca_larouco_mitin_politica_pp_patricialamela_20232023843 (9)
Fabiola García nun momento da súa intervención

A mellora da riqueza patrimonial pasa por seguir poñendo en valor  e traballando nos achádegos como o do Castro do Castrillón , «facendo un lugar accesible para a sua visita mediante paneles, firmando convenios cos centros educativos para dar a coñecer a riqueza da nosa terra», ou o descubrimento dos lagares rupestres do pisado da uva.

somoscomarca_larouco_mitin_politica_pp_patricialamela_20232023843 (7)
Baltar e García  na foto de familia da candidatura do PP de Larouco de Patricia Lamela

Respecto ás instalacións deportivas saliantou, «seguiremos traballando na mellora das instalacións deportivas adaptándose as necesidades de grandes e pequenos»

Manuel Baltar: "Patricia Lamela reforzará a súa maioría en Larouco»

O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Centro Cultural, «o excelente traballo de Patricia Lamela ao fronte do Concello de Larouco nestes últimos catro anos». 

Vaticinou Baltar: «O 28 de maio, Patricia Lamela reforzará a súa maioría e seguirá catro anos máis coma alcaldesa de Larouco, despois dunha xestión que a acredita como unha solvente líder municipal e unha potente fonte de proxectos».

somoscomarca_larouco_mitin_politica_pp_patricialamela_20232023843 (8)
Intervención de Manuel Baltar

Neste tempo, lembrou Manuel Baltar, Patricia Lamela ten asumido tamén responsabilidades orgánicas dentro do Partido Popular, «dada a súa condición de defensora e dinamizadora do medio rural, do que xa é sen dúbida un referente municipal».

«A aposta de Patricia Lamela é unha aposta gañadora, e Larouco ten á súa disposición á mellor alcaldesa posible para seguir facendo máis concello». «A Deputación de Ourense precisa de proxectos municipais ben deseñados, para poder establecer liñas de colaboración e avanzar no seu desenvolvemento. Este é un camiño que ten ben recorrido o equipo de Patricia Lamela, con probada capacidade para tecer vías de cooperación co goberno provincial e a Xunta de Galicia».

Ao remate a alcaldesa conversou cos seus veciños e veciñas aos que convidou a unha paella acompañada do vos viños de Valdeorras.

somoscomarca_larouco,_patricialamela_mitin_28m_2023829
Patricia xunto a unha veciña de Freixido

 


  •  

Patricia Lamela: «A nosa candidatura, representa unha oferta seria que busca mellorar o...