jueves. 18.04.2024

Son máis de 70 as casas participantes no segundo concurso de Decoración de Nadal promovido polo concello de Larouco co que se pretende que o municipio se encha de luces coa colaboración dos veciños.

Con esta iniciativa búscase  que as casas e barrios de Larouco se vistan de luz e. porque non que a xente dos arredores se achegue a visitar esta vila.

somoscomarca_larouco_navidad_concurso_casas_iluminacion_2021 (12)

A primeira casa que nos recibe a entrada de Larouco, indo desde Petín, xa nos fai querer ver máis; está preciosa. Seguindo pola rúa principal chegamos a igrexa que non pode estar máis bonita, e ao Concello e, é que desde a entidade local tamén aportaron o seu grao de area vestindo de luz os edificios públicos e prazas. Tamén se puxeron arcos de luz nesta e outras rúas.

somoscomarca_larouco_navidad_concurso_casas_iluminacion_2021 (10)

Mire onde se mire todo está colorido, até o punto de descubrir rúas e recunchos nos que ninguén que non sexa de Larouco pasou. Y é que Larouco é un lugar de paso é os que nunca estivemos cremos que só é unha rúa pero hai un enxame de casas por todo o municipio que son dignas de ver.

somoscomarca_larouco_navidad_concurso_casas_iluminacion_2021 (9)

Ademais das casas do núcleo urbano, tamén as de Seadur, Freixido e A Portela participan no concurso cuxo xurado «popular e segredo» outorgará os premios o vindeiro 6 de xaneiro.

Na primeira edición o barrio do Valoiro foi o gañador, aínda cas estrelas, fervenzas de luz,  renos,  cervos ou  bonecos de neve no faltaron en ningún barrio do concello.

No seguinte vídeo podes ver algunhas das casas e das rúas gravadas onte a noite.

 

Máis de 70 vivendas de Larouco participan no concurso de Nadal