viernes. 06.06.2025

Larouco xa ten o seu albergue adxudicado

Tamén está aberta a subasta do terreo herdado polo Concello
Larouco xa ten o seu albergue adxudicado

Larouco xa conta co seu primeiro espazo de aloxamento: o albergue xa está adxudicado. «En varias ocasións saíra a licitación pero sen candidatos», afirma a alcaldesa, Patricia Lamela. «Onte firmamos o contrato coa única sociedad que se presentou e agardamos que breve poida funcionar». Indicaba a rexedora que «queda moi pouco traballo no interior». 

O inmoble destinado para este fin é a Casa Rectoral, licitando o seu emprego como albergue por 2.400 euros. O Concello considerou «necesaria a apertura dun albergue coa finalidade de facilitar a estancia no municipio e potencia o patrimonio cultural da zona». 

Agora o prazo de prestación do servizo será de cinco anos, a contar dende o día seguinte ao de formalización —neste caso, hoxe, 11 de abril—. Un prazo que se poderá prorrogar por periodos anuais até unha duración máxima, incluidas as prórrogas, de quince anos. 

Subasta de terreos

Saía esta semana publicada no Boletín Oficial da Provincia unha subasta —que xa comezou— para adquirir un terreo herdado polo concello de Larouco. «Hai tres anos o concello herdou dunha señora uns bens, unha casa e estes terreos. Púxose a subasta esa casa, e agora se publica esta. Polo de agora non hai ningunha oferta». 

Os datos do terreo están publicados no portal provincial. O terreo atópase no polígono 17 na parcela 132. «É unha finca que está nos Palleiros, a carón da nave do Concello», segundo aclaraba a alcaldesa. 

Larouco xa ten o seu albergue adxudicado