domingo. 08.06.2025

Larouco recibirá 50.000 euros da Deputación para destinar ás pistas de petanca

Á Asociación Ruta do Viño de Valdeorras serán asignados 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Participan Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
Larouco recibirá 50.000 euros da Deputación para destinar ás pistas de petanca.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense vén de celebrar a súa sesión ordinaria semanal, onde se aprobou mobilizar un total de 426.954,8 euros para a cooperación con municipios e diversas entidades da provincia de Ourense.

Deste xeito, un total de 315.500 euros serán destinados a achegas para iniciativas empresariais, sociais, de enoturismo, deportivas e culturais. Así, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras recibirá 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas.

O Concello de Larouco recibirá unha achega de 50.000 euros para pavimentación e creación de pistas de petanca na contorna do pavillón municipal.

Para a Copa Deputación, a delegación en Ourense da Federación de Fútbol recibirá 70.000 euros

Larouco recibirá 50.000 euros da Deputación para destinar ás pistas de petanca