sábado. 21.06.2025

Joaquín Prieto: «O 2018 quedouse pequeno con tantos proxectos previstos»

O conselleiro do Medio Rural, José González, recibirá ao alcalde do concello ourensán de Larouco, Joaquín Prieto. 

foto xoán crespo
22/10/2018
O conselleiro do Medio Rural, José González, recibirá ao alcalde do concello ourensán de Larouco, Joaquín Prieto. foto xoán crespo 22/10/2018

O alcalde de Larouco, Joaquín Prieto, di que o 2019 será o ano no que se disfrutarán «proxectos ou planes xa previstos no 2018» porque «cando tes moitas cousas que facer, o tempo quédase pequeno». Así, xa neste primeiro mes do ano, «levaremos a pleno a rehabilitación das antigas escolas de Larouco, onde acondicionamos dúas viviendas para dedicalas a alquiler social» coa intención de «poder habilitar as bases para todas aquelas persoas que queiran ter opción ó alquiler desas viviendas e así podan presentar a documentación pertinente no Concello, para estudiala e proceder ao alquiler», conta o rexidor.

Outro asunto que tamén se resolverá neste mes, será a posta en funcionamento do novo tractor desbrozadora co que recentemente se fixo o Concello, que «estará operativo durante todo o ano para a limpeza de carreteiras e vías municipais, para o mantenimiento das áreas limítrofes cas viviendas, ca finalidade de manter esas áreas limpas en axuda da extinción de incendios». Sobre o tema, o alcalde ten claro que ademáis debe facerse «unha labor de concienciación de que as fincas que están preto das viviendas, teñen que estar limpas, para que os veciños non corran perigo cos lumes».

No primeiro mes do ano tamén é desexo de Joaquín Prieto, a posta en marcha do proxecto de abastecemento de auga «para poder aproveitar a sobrante que ten a Mancomunidade de A Rúa - Petín, durante os meses de inverno».  Conta o alcalde que «xa se redactou un proxecto, que ascende ós 410.000 euros de inversión, para poder traer auga sobrante dende Santa Eulalia». Asimesmo recorda que «nun ano de sequía, temos que bombear case durante 10 meses». E por iso que os trámites deste proxecto xa se presentan avanzados e espera Prieto reunirse co presidente da Xunta na entrevista solicitada tras as festas de Nadal.

Pero o 2019 tamén traerá obras a máis longo prazo, coma a da humanización da rúa Bienvenido Arias, para a que «firmamos un convenio coa Consellería de Medio Rural por un importe duns 65.000 euros, para acometer a obra nos tres primeiros meses do ano».

Tamén conta Larouco ca subvención que recibirá dos Planes Provinciais, cartos que adicará ó remate da Rúa Seoane que enlaza coa praza, e a cuberta da praza de Freixido, «demanda dos vecinos que levan anos pedíndoa». Á Consellería tamén se lle solicitará subvención para o cambio de luminarias por tecnoloxía led.

Por último, o Concello presentará este ano «unha memoria para a construcción do vestuario no pabellón municipal, que carece dél». Desta forma, facilitarase os seu uso e os deportistas poderán deixar de usar os das piscinas».

Imaxe de archivo: O conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Larouco, Joaquín Prieto. 

Para escoitar a entrevista completa a Joaquín Prieto, faga click na seguinte ligazón:

Joaquín Prieto: «O 2018 quedouse pequeno con tantos proxectos previstos»