lunes. 09.06.2025

Patricia Lamela fala do «ano positivo» do Concello de Larouco

A alcaldesa de Larouco fai balance de todas as actuacións que se fixeron no Concello durante o ano e tamén avanza como será o 2024
somoscomarca_larouco¨patricialamela_constitucion_corporacionlocal_20231377 (1)
Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco

«Foi un ano positivo no que levamos a cabo 15 intervencións de todo tipo, tanto en obras como na participación en proxectos. Tamén o campo de voluntariado que levamos facendo xa 3 anos», comeza explicando Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco.

Por outra banda, existiu unha colaboración co Concello de San Xoán de Río. Xuntos fixeron o proxecto #Enrede co que existiron actuacións como: "Enrede: participación en feminino", para promover o liderado da muller.

As obras do 2023

«Terminamos unha vivenda que fixo o Concello en Seadur e saliu agora en alugueiro. Tamén volveuse a sacar outra en Larouco», explica Lamela. Ó que engade: «As dúas están nos servizos locais da traballadora social e houbo un concurso de méritos e puntuación e foi así como se deron en alugueiro».

Aparte da alegría para os veciños, os traballadores de Larouco tamén teñen o seu novo furgón. Con isto pretenderse ter maior eficacia. 

E, xa que estamos en Nadal, é imprescindible falar do Concurso de Decoración Do Nadal. «A acollida foi como todos os anos, hai moita luz», comenta entre risas a alcaldesa.

«Hai que lembrar que é un xurado popular o que dá o premio, hai que esperar ata o día 6 que veñen os Reis Magos e que entregasen agasallos aos nenos e nenas que se queiran achegar», explica a alcaldesa.

¿Como será o 2024?

«No principio do ano adquirirase unha pick up para poder seguir avanzando na eficacia dos traballos», desexa Patricia Lamela.

As reformas non paran nesta nova etapa. «Empezamos a final de ano unhas reformas no pavillón municipal e ímonos centrar en darlle un lavado para todas esas instalacións», conclúe a alcaldesa. 

Patricia Lamela fala do «ano positivo» do Concello de Larouco