
Tras San Xoán de Río e a Pobra de Trives, o Concello de Larouco únese nesta iniciativa para constituír a súa propia Comunidade Enerxética. «Un proxecto pioneiro na nosa contorna para aproveitar a enerxía solar mediante placas», segundo confirman dende o Concello.
Os veciños de Larouco, hoxe xoves día 23 haberá un taller de formación e introducción sobre esta Comunidade Enerxética ás 17:30 horas no salón de actos do Concello (antigas escolas). Esta actividade está promovida pola Deputación de Ourense.
Por outra banda, e dirixido aos habitantes de Seadur e Freixido, haberá unha presentación o luns día 27 de maio ás 19:30 horas, no mesmo espazo. Será da man do propio Concello e de CEL Management —administrador de Comunidades Enerxéticas—.
«Trátase dunha proposta que favorece a transición cara a fontes renovables, un paso audaz por un futuro máis verde e sostible». Para conseguir máis información adicional, pódese contactar co teléfono 692 31 41 21.