
A terceira edición do Concurso Decoración Navideño organizado polo Concello de Larouco xa ten gañadores. Na tarde do 6 de xaneiro, nas redes sociais do Concello dábase a coñecer o resultado do concurso.
Foron catro os premios outorgados polo xurado. «A casa máis bonita» recaeu en Roberto Nogueira. A súa casa está na estrada que vai a Trives, fronte a igrexa e é moi visible, sobre todo pola cantidade de luz que este ano adornaba balcóns, porta e fachada.
O da «Orixinalidade» otorgouselle a Toña por «facer dunhas escaleiras plegables un deslumbrate pino», sinalan na rede do Concello. A Toña gústalle facer cousas innovadoras con ,materiais e adornoos fora do común, sempre anda artellando algo para non «caer no de sempre», sinalaba cando nos comunicamos con ela.

Quique e Nayara levaron o premio a «Casa máis madrugadora. Son veciños do barrio da Igrexa Vella.

Aos veciños da Portela agasallouselles cun xamón para que o desfruten xuntos ao igual que desfrutaron decorando e enchendo o pobo de luz e adornos feitos entre todos e para todos. Somos Comarca foi testemuña da ilusión destes veciños e dunha asociación, A Rabiosa, que non pensa máis que en poñerse novos retos e facer novas actividades que lle dean pulo ao pobo.
