«Había moitas ganas!»
Ca xuntanza de folións comezou o Entroido en Petín. Catro agrupacións volveron traer ao municipio o son do Entroido que permanecía enmudecido desde 0 2020 anos por mor da pandemia. As gañas de volver facer soar os instrumentos e aparellos foi o sentir maioritario de todos os participantes.
A Caniceira e Os Labregos chegados das terras de Trives, Os Viticultores de Vilamartín e os anfitrións, Arrieros de Petín foron os participantes. «Adamos a medio gas», comentaba Jorge da Caniceira. «En todos os sitios hai limitacións, pero non hai queixa. Temos algunha actuación nova que non faremos este ano, pero en xeral ben», engadía.
«Había moitas ganas», di o representante dos Labregos de Trives que acoden a Petín con 25 membros da asociación, dos noventa que a compoñen. José Benito dos arrieroa ao igual que Begoña dos Viticultores coinciden en que había moitas, moitas gañas de empenzar.
Desde as adegas de Santiago á praza
Os folións saíron do cima das adegas de Santiago até a praza, onde un nutrido grupo de persoas agardaba tomando algo nos bares. Unha parada onde o son de bombos, tambores, aixadas e gadañas deixouse sentir. O percorrido seguiu pola rúa Pracer , para logo pola da Ponte para voltar á praza. Nova parada antes de coller cara a igrexa.
Os primeiros en saír foron os anfitrións, os Arrieros que co alzamento das mans de José Benito fixeron soar os aparellos e instrumentos, Detrás Os Labregos e máis tarde Os Viticultores. A Caniceira co seu vestiario cheo de cor pechou o desfile.
Tarde de lecer e chea de sons, catro en concreto, os mesmos que marcaron cada un dos folións que se achegaron a Petín despois de dous anos de seca.
Sen xuntanza desde o 2020
A Veiga, Carracedo da Serra, Vilamartín, Chandrexa de Queixa e Tameirón xunto co anfitrión, Petín participaron na xuntanza do 2020. Daquela foron cerca de 300 persoas —entre compoñentes dos folións e espectadores— os que se reuniron en Petín para dar o pistoletazo de saída ó Entroido.
Vídeo dalgunha das actuacións dos folións con entrevistas aos responsables destes.