viernes 24/9/21

O próximo curso escolar arrancará o 9 de septembro para Infantil e Primaria

Os alumnos de ESO, de Bacharelato e de Formación Profesional incorporaranse ás aulas o día 15 de septembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de calendario escolar que rexerá para o vindeiro curso 2021-2022, que arrancará o día 9 de setembro co inicio das clases para o alumnado das etapas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria e de Educación Especial, mentres que os alumnos de Educación Secundaria Obligatoria, de Bacharelato e de Formación Profesional incorporaranse ás aulas o día 15 de setembro. Para todos eles as clases rematarán o día 22 de xuño de 2022.



No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de septembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

No caso do alumnado de Educación Infantil que se incorpora por primeira vez a un centro educativo, mantense o sistema de funcionamento de cursos anteriores, cun período de adaptación que non se alongará máis aló do 21 de setembro deste ano.



Canto aos períodos vacacionais queda establecido o Nadal (desde o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive), o Entroido (os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2022) e Semana Santa (desde o 11 ata o 18 de abril ambos inclusive). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 11 de outubro de 2021, polo que será non lectivo a efectos académicos.

Estas mesmas datas tamén figurarán para o servizo de comedor escolar naqueles centros públicos no que este servizo está xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Así pois, nestes casos o servizo de comedor arrancará o 9 de setembro de 2021 para o alumnado de Infantil e Primaria e o 15 de setembro para ESO, e en ambos casos estará en funcionamento ata o 22 de xuño de 2022, agás durante os períodos vacacionais establecidos na normativa.



Doutra banda, a orde publicada hoxe tamén recolle as conmemoracións oficiais durante o curso escolar coas súas respectivas datas e instáurase como novidade por primeira vez neste curso a celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 2022.

O próximo curso escolar arrancará o 9 de septembro para Infantil e Primaria