viernes. 29.03.2024

A través dunha charla realizada no Salón Multiusos do Concello do Barco ensinaron as posibilidades turísticas a empresas do sector privado

O Inorde e o Xeodestino Manzaneda - Trevinca buscaron formar aos empresarios privados da comarca ca finalidade de ensinar todas as posibilidades que ofrecen as redes e outras canles para formentar o sector turístico nos concellos que integran esta última entidade.

O coloquio foi impartido por representantes da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia, YuTravel e Tee Travel. Máis concretamente polo presidente da ATREGA e Director de YuTravel, Jesús Ares e a vicepresidenta da asociación de turoperadores e CEO de Tee Travel, Mar Rodríguez.

Ambos contan con experiencia na xestión de grupos que pasaron por este xeodestino. Por elo a súa formación e visión axudará a facer unha análise sobre as súas fortalezas e debilidades, o que permitirá desenvolver unha estratexia conxunta de planificación do Xeodestino e afrontar os seus retos.

Durante a charla trasladaron aos asistentes as formas para captar ao maior número de visitantes aos concellos que forman o Xeodestino, a súa cadea de valor, así como o papel que desenvolve a turoperación, as online travel agents, e as demandas e comportamentos dos clientes trala irrupción da pandemia.

Tamén falaron do Camiño de Santiago analizando o trazado de Inverno, que transcorre por Valdeorras. Analizando os niveis de atracción por parte dos peregrinos, como os aspectos que máis valoran e a importancia da estructuración de experiencias turísticas arredor do propio itinerario Xacobeo.

De xeito previo á formación, Jesús Ares e Mar Rodríguez, acompañados pola xerente do Inorde, reuníronse no Pazo Provincial co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Posteriormente, Emma González xunto ao alcalde e ao concelleiro de Turismo do Barco, Alfredo García e Eladio Santos, respectivamente, visitaron cos relatores recursos enoturísticos do territorio.

O Inorde e o Xeodestino Manzaneda-Trevinca e o sector privado buscan captar turistas