martes. 03.10.2023

Realizaranse pegadas de carteis nos comercios, difusión en redes sociais e interlocucións coas asociacións de empresarios da comarca

A deputada da Xunta, María González Albert, o Concelleiro do Barco Jesús Vilasánchez e  o responsable comarcal, Roberto Quiroga presentaron  na sede do BNG —Bloque Naconalista Galego— do Barco unha campaña en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos, que se levará a cabo durante o Nadal. Ademais de pegadas de carteis nos establecementos comerciais  manterán conversas cas asociacións de empresarios, Centro Comercial Aberto O Barco e Asociación de Empresarios de Valdeorras.  Tamén farán fincapé da campaña nas plataformas de redes sociais e acudirán as vilas do Barco, A Rúa, Petín, Vilamartín,  O Bolo e aqueles lugares onde haxa comercio local para explicala.

«Estas campañas de desenvolvemento do consumo local son campañas típicas do BNG», subliñou Vilasánchez.  Destacou que: « O desenvolvemento rural pasa por recuperar o comercio de proximidade, por volver ás feiras, por volverlle a comprar ao veciño o que el produce, por volver a calidade que tiñamos e que está perdido en mans de grandes superficies comerciais». Tentarán facer entender á veciñanza e os propios comerciantes que se trata dunha economía circular e dicir: «Volver a comprarlle ao teu veciño para que el che poda volver a comprar». Así poderase manter a economía local que sempre se tivo, segundo as palabras do voceiro do Concello do Barco.



A deputada, María González Albert fixo notar a dificultades cas que se atopan os comerciantes. «Teñen  sufrido desde hai anos polas novas formas de consumo. Dunha polas grandes superficies e outra pola venda de internet. Este ano viuse agudizada pola pandemia da Covid que obrigou a pechar os comercios por longo tempo e fomentou, por unha banda a compra online e, por outra, a compra en grandes superficies no referente a alimentación», recalcou.

O grupo de Albert aposta pola venda de produtos tradicionais propios, coma ovos, viño ou verdura nos mercados., xa que como ela mesma fai notar, «abandonouse  as formas de comercio tradicional como feiras ou mercados, que tamén pecharon pola pandemia. Os mercados teñen que valer para a venta de produtos propios».

Presentaranse iniciativas no Parlamento de Galiza e mocións nos Concellos falando destas cuestións. A regulación dos horarios de apertura de comercios para que non se poida abrir os domingos —supón para o pequeno comercio un lastre e competencia desleal por parte das grandes superficies—, será outra das mocións a presentar.



As axudas para implantar e mellorar comercios que vendan produtos autóctonos e impulsar unha marca de calidade de horta galega, a recuperación dos mercados locais e oposición á instalación en Galicia de novas grandes superficies de capital nacional, serán outras propostas.

Estas iniciativas e propostas faranse en formato de emendas aos orzamentos que se acaban de aprobar provisionalmente no Parlamento.

O BNG pon en marcha unha campaña en defensa do comercio de proximidade e produtos galegos