
O Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras priorizará ós enxeñeiros agrícolas de Ourense para cubrir as necesidades puntuais de persoal para labores de control de colleita e fomento da calidade. Así o estabrece o convenio de colaboración asinado entre o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense (COETA) e a DO Valdeorras o pasado 16 de agosto. Este convenio implica que o Consello priorizará ós profesionais adscritos ó Colexio na selección de persoal seguindo un réxime de igualdade competitiva. Este convenio afectará, entre outros, ó perfil profesional dos veedores que son contratados para as vendimas. Ata o de agora podían ser profesionais de moi diversos perfís, como biólogos ou técnicos agrícolas.
O presidente da DO Valdeorras, Francisco García, defendeu a iniciativa asegurando que é «un paso máis para facer as cousas mellor, diferente». García explicou que pedirán ó COETA un listado de persoal colexiado disponible e que a selección será responsabilidade do Pleno do Consello Regulador. Esta última cuestión levantou certas críticas pola súa posible ilegalidade. Fontes do sector aseguran que o Pleno, como órgano xestor, non pode intervir nunha función que é responsabilidade do equipo técnico, como é o control de calidade e colleita. García rechazou que existise esa intromisión: «A selección de persoal é función do Pleno e nós non intervimos na execución do traballo, a supervisión dese persoal e da súa labor é do equipo técnico».
A sinatura do convenio levouse a pleno a semana pasada. Naquel momento era so un borrador e aprobouse co voto en contra de dous vogais representantes de adegas, José Guitián e José Luis García Pando, e mais a abstención do representante do Sindicato Labrego Galego. O convenio ten unha vixencia de tres anos prorrogables e plantexa a creación dunha bolsa de prácticas para que os enxeñeiros ourensáns completen a súa formación na sede do Consello Regulador valdeorrés. A duración do convenio é de tres anos prorrogables. A cambio, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense comprométense a facilitar listados de profesionais que poden ser contratados, difundir a DO Valdeorresa e os seus viños entre os seus colexiados, e incorporala nas súas actividades.