martes. 01.07.2025

AEVA e CCA sortean quince packs de copa e degustacións para a Feira do Viño

Os clientes que consuman viño de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo
somoscomarca_obarco_godello_godeval_feiradoviño_2018_godello_copagodello
AEVA e CCA sortean quince packs de copa e degustacións para a Feira do Viño

AEVA e a asociación Centro Comercial Aberto O Barco colaboran na promoción da Feira do Viño de Valdeorras co sorteo de quince packs consistentes nunha copa oficial do evento e catro degustacións de viño.

Os clientes que consuman viño de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes – Asador de Viloira, Bajo 5, Café Bar Zig Zag, Casa Galaica, La Maltería e Piquiño – terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo de quince packs para consumir no recinto da feira os días 9 e 10 de xullo.

Deste xeito, o sector hostaleiro quere incentivar o consumo do viño da comarca e, ao mesmo tempo, colaborar na promoción da XXIII edición da feira, que se celebra de novo tras o parón de dous anos provocado pola pandemia.

A promoción se desenvolverá entre o xoves día 23 de xuño e o mércores día 6 de xullo, celebrándose o sorteo o xoves día 7 de xullo, data na que se contactará cos quince agraciados.

AEVA e CCA sortean quince packs de copa e degustacións para a Feira do Viño