
Fai apenas uns días dende a Xunta anunciaban, de novo, a convocatoria de case 1,5 millóns de euros para a produción e comercialización de produtos apícolas. Para saber máis en profundidade sobre este tema, falamos con Ester Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia.
O que se pretende con elas é dar axuda para técnicos, tratamentos... E, tamén, contra a velutina, que aquí é onde comeza o rechazo. «Sería unha cousa que non estamos moi de acordo. De feito, fíxose un escrito de en conxunto de todas as asociacións apícolas galegas, transmitímoslle á Consellería que queríamos que sacaran o referente a avespa velutina das axudas do Plan Apícola Nacional», explica Ordóñez.
Pero, ¿por que piden todo isto? Esa parte que sexa para velutina deixaría ás comunidades que as teñen en clara desvantaxe fronte ás que non. «Solicitamos e que esas axudas deberían estar noutra canle fora deste plan», explica a experta. O que engade: «A nosa sorpresa foi cando vimos que as puxeron de primeiras no orde de prelación».
Estas axudas veñen de Europa e dende cada pais divídense polas Comunidades Autónomas. O criterio para esta repartición é coñecer o número de colmeas que hai en cada unha delas. «Os cartos que ofrecen non chegan para todo o que se propón, por iso se fai a orde de prelación. A avespa fai aumentarnos os gastos de produción, entón se hai que sacar parte do presuposto para isto, estamos nunha clara desvantaxe».