
A Mascarada Ibérica está a piques de volver a encher as rúas de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso. O esforzo e paixón que levan posto todos os membros da organización nesta novena edición verase reflectida os días 26, 27 e 28 de abril. Nesta ocasión, o evento realizase un mes despois co da edición pasada.
Que acontecerá eses tres días?
O venres 26 comenzará a mañá con tres conferencias no Instituto Carlos Casares, «onde virá unha mascarada invitada, neste caso, os Diablos e Mascaritas de Luzón», explica Jorge Minas, organizador do evento. Roberto de la Torre, fotógrafo que cubre case todos os entroidos da península ibérica, será o segundo dos invitados. Por último estará Daniel Boyano, «que é un mozo de Sanabria que leva traballado e recuperado varias máscaras da zona súa zona», engade.
Xa en horario de tarde, ás 18:30, será a quenda de recibir o grupo internacional de este ano. «É de Sappada, do norte de Italia. Esta é a primeira vez que veñen a España», explica Minas. Aínda que é certo que en outras ocasións tamén acudiron agrupacións deste mesmo país. Arredor das 20:00, «vamos ter unha foliada e cantos de taberna por diferentes rúas de Viana do Bolo», recorda. Ao que engade: «Durará ata que o corpo aguante».
O día 27, como cada ano, estará presente ese mercadillo de produtos artesanais, o ViBoMarket. Engadido a isto, a feira mensual do municipio —que se debería celebrar o 28—, «pasarase o sábado». Entrada a mediodía, polas 12:30, «teremos unha sesión vermú amenizada pola charanga "Os Caliquiños"».
E ese mesmo sábado pola tarde, ás 17:00, dará comezo o «noveno desfile da Mascada Ibérica. Van participar 45 agrupacións vida de diferentes puntos da península ibérica e, como non, o de Italia», comenta alegre Minas. E como a troula non pode faltar, o remate «teremos música co grupo "Os Tomalleoutra" a partir das 20:00. E ás 23:30 a charanga "Fuego Street Band" e "Os Festicultores"».
Estes grupos trasladáranse a Vilariño de Conso o domingo 28 de abril. «Dende primeiras horas da mañá estará un ViBoMarket e ás 11:30 comezará o desfile. O remate teremos a actuación da charanga Támega».
Como valor engadido, dende o 20 de abril pódese visitar a exposición "Entroido, mobiliario vestido" «que estará ata o 1 de xullo na Sala de Exposicións do Concello. As visitas pódense facer en horario de oficina», asegura Minas.
A quen se vai poder ver?
Un total de 45 agrupacións e 92 máscaras vidas da península ibérica e Italia percorreran as rúas de Viana e de Vilariño. Vamos ir zona por zona, de Portugal viran Os Caretos de Arcas, de Lazarim e de Parada. Deixando Galicia por outra banda, de España virán os Sidros y Comedies de Valdesoto (Asturias), de Cantabria «temos la Vijanera e o Andrudio de Piasca». De Castela e León a Visparra e Talanqueña de San Martín de Castañeda. El Atezanador de San Vicente. Guirrios y Toros de Velilla de la Reina de León.
Aínda que xa viñeran fai 7 anos, Jarramplas do Piornal de Extremadura volverán estar presentes nesta novena edición. E como non, «Diablos e Mascaritas de Luzón de Guadalajara, que xa estarán o día 26 nesas conferencias», explica Minas.
Por outra banda, de Galicia «contaremos con tres agrupacións de Lugo: o Oso de Salcedo, Volantes del Entroido Ribeirao e tamén traemos de Pantón». Da parte de Coruña estarán «Xenerais de Ulla e o Entroido de Samede», e de Pontevedra poderase ver as «Malamas e Galáns de Cobres e Merdeiros de Vigo».
Da provincia de Ourense estarán presente «case todos» e son os seguintes: «Entroido de Xinzo, de Verín. Peliqueiros de Campo Becerros. Os boteiros de Vilariño, Viana. Mázcaras de Manzaneda e Buxán. Toro e xigante de Celavente. As máscaras de Xironda, os Felos de Maceda, Felos de Esgos. Galos de San Pedro e Bonitas de Sande. Por primeira vez estará o Entroido de Mugares e os Cabreiros de Muíños», enumera Jorge Minas.
Como novidade, «este ano, intentamos que solo halla unha representación de cada fulión e entroido, tanto de Viana como de Vilariño». Esta decisión tomouse para mostrar «respecto a estas agrupacións que veñen dende tan lonxe e que van durmir en sacos ou colchonetas», asegura.
A historia detrás da Mascarada Ibérica
Perdurar esta tradición, seguir chegando os máis maiores e manter o rural vivo, os tres piares dos que naceu a Mascarada Ibérica. Remontámonos ao ano 2009 cando Jorge Minas intentou «agrupar os fulións das aldeas en torno a Fulións Rurais. Non había xente suficiente durante o ciclo de entroido para ir tocar a xente maior polas aldeas», recorda.
Despois disto, «empezamos a visitar diferentes festivais e así coñecemos asociacións e agrupacións». Grazas a estes primeiros contactos, «ocorréuseme facer o festival no rural, onde debe estar», asegura Minas. «Fai agora 10 anos —polo parón da pandemia—, decidimos trasladar o desfile a Viana e Vilariño».
Os inicios foros duros, «empezamos sendo moi poucos», recorda. Agora pódese observar todo o contrario, «seguimos crecendo, veise que a ilusión é grande». Jorge Minas fai fincapé nestes dous últimos anos, «foi un orgullo enorme ver que todos estamos a unha e que temos o mesmo propósito que é ter o recoñecemento de Patrimonio Material da Unesco».
«As tradicións teñen un futuro establecido corto se non estamos unidos. Iso si, hai que recoller que hai máis xente detrás, levamos moitos anos traballando por e para isto», conclúe.