jueves. 29.05.2025

A ViBoMask encherá as rúas de Vilariño de Conso

O domingo 28 de abril poderase desfrutar do ViBoMarket a partir das 10:30. Unha hora despois, comezará a novena edición deste festival internacional da Mascarada Ibérica
Mascarada Ibérica 2022, Vilariño de Conso. Fulión de Buxán (29)
A ViBoMask encherá as rúas de Vilariño de Conso

A Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso xa ten a data fixada. Abril é o mes elixido para poder desfrutar de esta festividade internacional, terá lugar os días 26, 27 e 28.

O municipio de Vilariño será o encargado de pechar esta novena edición. Dende o Concello están moi «ilusionados», segundo explica a alcaldesa, Melisa Macía. 

«Aquí é un desfile moito máis rural e familiar. Son case 40 grupos, uns van a Viana e outros aquí, pero case todos estarán en ambos os lados», explica Macía. Nesta edición terán «moitos grupos de Portugal e virá un de Italia». O "carnavale sappadino" virá dende as Dolomitas ata os vales do Bibei e do Conso. 

Neste desfile final da Mascarada Ibérica «estarán arredor de 35 grupos ese día, aínda que non temos a confirmación de todos os grupos», asegura a alcaldesa.

Con esta iniciativa séguese pondo en valor todos «os entroidos rurais e tradicionais que están manténdose en pobos pequenos, que se vexan e recuperen o que se está perdendo». 

O domingo 28 de abril poderase desfrutar do ViBoMarket a partir das 10:30. Unha hora despois, estas agrupacións tomarán as rúas do municipio, «sairá da rúa do Toural e terá o punto álxido na praza do pobo e rematará na igrexa». A Charanga Támega porá o punto final a esta xornada. 

Esta é unha «experiencia para vir e involucrarse, porque todo o que o veu repite. Tamén é un bo xeito de reunir todas esas máscaras que igual nas outras festas non se poden desfrutar». Ademais de estes puntos positivos, a alcaldesa quere facer fincapé en que «interactúan moito co público», así que «animo a todas as persoas que queiran a asistir a este evento», conclúe. 

Se queres escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí:

A ViBoMask encherá as rúas de Vilariño de Conso