Véspera de ponte «hiperactiva» en Valdeorras, Viana e Terras de Trives

Cantos de Taberna na Pobra de Trives (4)
Cantos de Taberna na Pobra de Trives (3)
Cantos de Taberna na Pobra de Trives (2)
Cantos de Taberna na Pobra de Trives (1)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (26)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (24)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (23)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (21)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (22)
Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (4)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (26)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (20)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (41)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (42)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (39)
somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (33)
obrateatro_arcos_vilamartin (14)
obrateatro_arcos_vilamartin (12)
Mostrámosche as imaxes do que aconteceu na tarde do venres 13 de agosto desde O Barco a Trives pasando por Arcos, Vilamartín, A Rúa ou A Veiga e tamén ofecémos un resumo de onde ir hoxe

Nesta véspera da Ponte da Inmaculada, Valdeorras e arredores ferveron de actividade a mesma que se agarda para a xornada de hoxe.

En Vilamartín inaugurábase, no Centro Cultural Santa Lucía, unha exposición a Luis Nogueira, o atleta de San Vicente. Afeccionado á lectura, á escritura, á fotografía e amante da súa terra, da natureza e da xente, a mostra fai un percorrido pola súa vida deportiva e e persoal a través de obxectos , fotografías e manuscritos.

Inauguración da exposición de Luis Gudiña

En Arcos ás dez da noite comezaba a obra teatral «A Casa da avoa» interpretada polo  Grupo de Teatro de Arcos que volveu ás representacións teatrais polo San Lourenzo, dous anos despois por mor da pandemia. Desta vez a trama descorre na «Casa da avoa» que, como en case que todas as aldeas por este tempo, a casa familiar énchense de familia cada quen ca súa maneira de entender a vida. Os actores, un ano máis, os vecinos e veciñas da vila.

Plaza do centro social de Arcos, onde se teatralizou «A casa da avoa»

Na Rúa inaugurábase a Bacofesta, onde na área recreativa do Aguillón dábase lectura ao pregón. Viño e comida para unha tarde que remataba coa actuación estelar La Banda de Ayer. Hoxe cantos de taberna a cargo da agrupación local Abertal e actuación dos Players.

Recinto da Bacofesta na Rúa

En Trives e A Veiga os protagonistas eran os cantos de taberna. No primeiro caso como antesala o gran desfile do domingo do Entroido de verán e no segundo como unha das actividades de lecer programadas para este tempo estival. En Trives hoxe Mercadiño de artesanía, campionato de billarda, sesión vermú coas Macizas Centrais, festa da espuma e concerto de Los Íñigos.

Os cantos de taberna protagonistas da tarde-noite na Pobra de Trives

Viana tamén se sumou a este si fin de actividades cas que comezaban as festas patronais na honra da Asunción e de San Roque. Unha festa dos anos oitenta  e a presentación do libro «Cadernosde Viana» de Jesús Garía. Para hoxe xornadas de folclore e actuación da orquestra Olimpus.

No Barco, dentro da terceira edición do Ciclo Terrasón, celebrouse o segundo concerto deste ciclo cultural onde os protagonistas son "Dani Barreiro & Friends".

A música comenzou a sonar ás 22.30 horas na Rúa Abdón Blanco. Dani segue entendendo os seus concertos como unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”.

Un espectáculo para todos os públicos en formato trío, un repertorio que repasou os éxitosde dos 60’s hasta hoxe: Duncan Dhu, Gabinete Caligari, Calamaro, Coque Malla, Andrés Dobarro, Loquillo... y también éxitos internacionales como Johnny Cash, Nell Young, REM, Depeche Mode, Creedence Clearwater Revival, os Rolling Stones ou os Beatles entre outros..

San Xoán de Río celebrou a Festa do Emigrante. Hoxe torneo aberto de Billarda e a actuación do Mago Teto.