
O alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, mostra o seu descontento pola situación que comenzarán a vivir este 2024.
Fernández, antes de nada, deixa claro que el non sabía nada de esta nova situación. De feito, foi unha veciña quen o alertou do que estaba a acontecer. Onte, tras recibir este aviso, comezou a a investigar todo o que estaba a suceder.
Despois de varias chamadas, puido confirmar que nin o propio centro médico de Manzaneda estaba ao tanto destes novos horarios.
Segundo el mesmo conta: «En principio, é cousa da Asociación de Farmacéuticos de Ourense».
Fernández púxose en contacto co presidente e este comunicoulle que: «A farmacia do Castro está a traballar vos 365 días do ano e que quere pechar algún día. Para que iso suceda queren tocar tamén as farmacias do PAC de Trives». Ou alcalde ve isto completamente innecesario.
O alcalde quere explicar o porqué desta situación e relata: «Unha farmacia do Castro compra, non fai moitos anos, a outra farmacia que había no mesmo sitio. O que fixeron foi e quedarse coa segunda licenza que lle pertencía ao Castro por ter un PAC e así que ninguén a abrise. Agora, por non pagar a un titulado/a habilitado/a para facer esas gardas, as usuarias e usuarios do PAC de Trives temos que pagar as consecuencias».
Consecuencias do novo calendario
Segundo o horario, que se pode ver na foto, quérese que as farmacias de Trives pechen unha fin de semana de cada tres. Cando se vaia ao PAC, sexa á noite, festivo ou fin de semana, despois de ver o médico en Trives, teñamos que ir o Castro a buscar as menciñas.
Por outro lado, os do Castro dúas de cada tres semanas ver o médico no Castro e ter que desprazarse a Trives polas menciñas.

O Concello deu algunha outra alternativa para intentar evitar esta situación. Todo isto a espera de que se rectifique ou, en último caso, que as autoridades competentes sexan as encargadas desta situación.