Que facer en Valdeorras e arredores esta fin de semana?
Esta fin de semana anímase coa feira agroalimentaria, Crianza Trevinca desde onde podes ir a ver xogar ao Viana ou ao Vianariño e, logo pasar unha tarde noite animada en Punxeiro, na súa festa da vendima para catar o viño novo.
Se quedas nas terras baixas ánimate a participar nas actividades organizadas por AEVA. En Gastromímate, as catas de viños da DO Valdeorras e as fotografías son unha boa opción. O cine na Rúa e no Barco tamén te poden axudar a completar o tempo de lecer. E se eres aos que lle gusta o fútbol tanto na Rúa como no Barco hai actividade deportiva.
Exposición agrogandeira de Trevinca, A Veiga
A Veiga convértese esta fin de semana no punto de destino para todos os que queiran saber como eran as feiras de gando, cales eran os oficios e tarefas que se facían no campo ou sentir como se vivía e traballaba hai anos.
Crianza Trevinca abre as súas portas este sábado 14 de outubro na Praia do Coiñedo, coa música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acompañando nestes primeiros momentos da feira agrogandeira.
Estes son os actos propgramados para a fin de semana:
Programación do sábado 14:
12.00 h - Inauguración no Coiñedo coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
12.30 h - Saída bois xunguidos a cargo do gandeiro Mario Nogueira
12.45 h - Recuperación do oficio tradicional arado con bois
12.00 h a 14.00 h - Talador motoserra Pepe Llorente Escultor Oficial de Husqvarna
13.00 h - Degustación de productos locais
15.00 h a 20.00 h - Elaboración de aguardente tradicional
16.00 h - Saída bois xunguidos a cargo do gandeiro Mario Nogueira
16.30 h - Recuperación do oficio tradicional da malla
17.00 h - Pasarrúas pola área recreativa do Coiñedo coa Banda de Gaitas e pandereteiras da Veiga
17.30 h - Campionato de bolos no xogo de bolos de O Coiñedo e entrega de premios
18.00 h - Espectáculo ecuestre Nieve Negra
18.30 h - Cata de viños a cargo de Mª Eugenia Medina González
20.00 h - Peche da feira
Programación domingo 15:
11.00 h - Apertura da feira
12.00 h - Concurso "Xunguindo os Bois" e entrega de premios
13.00 h - Concurso "Acarabuñando a gadaña" e entrega de premios
13.00 h - Degustación de queixos da quesería Cumbres de Trevinca"
14.30 h - Peche da exposición
Gastromímate, na Rúa e no Barco
Aínda queda tempo para apuntarte a Gastromímate que esta fin de semana chega a súa terceira no Barco e na Rúa. Inclúe degustacións en comercios, catas e premios. Trinta e un establecementos comerciais, entre tendas e bares, disporán dun recuncho gastronómico de outono onde degustar petiscos elaborados con produtos de tempada. Hoxe sábado ás degustacións comezan ás 12.00 horas.
A cata maridaxe con tapas de outono e viños da DO Valdeorras será na Casa do Río Cigúeño por mor das condicións meteorolóxicas e podes probar se queda algunha praza achegándote o domingo ás 13.00 horas comezo da cata ata eeste lugar. Incluso se pode facer un hoquiño se xa están cubertas. Estará conducida pola sumiller Mercedes González, MEmbajadora.
Tamén concurso de fotografía en Facebook e Instagram para compartir imaxes das degustacións nas tendas e estampas do outono en Valdeorras incluindo algún elemento da gastronomía comarcal: viño, produtos elaborados, naturais, etc. Para entrar no concurso hai que incluir na publicación o texto #gastromimate e #aevavaldeorras e etiquetar o perfil de AEVA en cada rede social, para poder rastrexar as publicacións e incluilas no concurso. Entre os participantes sortearánse dúas cestas de produtos da comarca valoradas en máis de 30€, unha da Tenda da Rita e outra da Tenda de Viños Cecilia Fernández, ambos negocios asociados de AEVA.
Cine, na Rúa
Proxección da película "Oppenheimer", no Centro Cultural Avenida da Rúa ata o e 15 de outubro. O sábado 14, ás 19.00 h e 22.00 horas e o domingo 15, ás 19.00 horas. No mesmo lugar e en horario infantil proxección da película "Ruby, aventuras de una kraken adolescente", ata o 15 de outubro, en sesión de tarde, ás 17.00 horas.
Cine, no Barco
Proxección da película "Oppenheimer", no Teatro Lauro Olmo do Barco ata o 15 de outubro. O sábado 14, ás 19.30 h e 22.00 horas e o domingo 15, ás 19.30 horas.
Festa da Vendima, Punxeiro (Viana)
A Festa da Vendima e Ruta das Bodegas en Punxeiro chega este 14 de outubro. a súa décimo quinta edición. Co pregón a partir das 19.00 horas arrancará a festa gastronómica de exaltación do viño novo, onde os petiscos acompañarán todo o percorrido. A música correrá a cargo das charangas: BBB, Cansibailas e Bicoia.
A partires das 23.00 horas chegará o turno do grupo América de Vigo e a orquestra Tango. Ás 17.00 horas sairán buses dende a Praza de Viana.
No que compete ao deporte atoparalo todo na previa que podes leer neste xornal dixital.