sábado. 31.05.2025

Máis oficios, máis gando, máis maquinaria e moitas actividades en Crianza Trevinca

Co concerto de Susana Seivane  e Caamaño & Ameixeiras arranca unha fin de semana onde os protagonistas son os oficios esquecidos no rural e a feira de gando

Crianza Trevinca, exposición ganadera y agrícola (17)
Máis oficios, máis gando e máis maquinaria en Crianza Trevinca

A Veiga convértese esta fin de semana no punto de destino para todos os que queiran saber como eran as feiras de gando, cales eran os oficios e tarefas que se facían no campo ou sentir como se vivía e traballaba hai anos.

Crianza Trevinca abre as súas portas o sábado 14 de outubro na Praia do Coiñedo, coa música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acompañando nestes primeiros momentos da feira agrogandeira.

somoscomarca_aveiga_crianzatrevinca_feiradegando_2022 (36)
Banda de gaitas e pandereteiras da Veiga na feira do pasado ano

Seguirán a agrupación musical os bois xunguidos de Mario Nogueira que amosará razas como a Maronesa, Limiá ou Caldelá. E aproveitando que están os bois, mostrarase o oficio tradicional do arado con estes animais —un dos obxectivos principais da exposición é recuperar os oficios antigos—.

somoscomarca_aveiga_crianzatrevinca_feiradegando_2022 (21)
Os bois de Mario desfilando no 2022

A exposición contará este ano con máis de 100 cabezas de gando, superando así ás edicións anteriores. Cabalos, ovellas, bois e vacas forman parte das máis de 20 explotacións inscritas para participar.

Haberá unha mostra de maquinaria agrícola contando nesta ocasión con maquinaria antiga —algunha ten máis de 80 anos—, recuperada para a ocasión, e maquinaria máis moderna para o traballo no campo.

somoscomarca_aveiga_crianzatrevinca_feiradegando_stands2022 (25)

Ademais poderase degustar produtos tradicionais mentres se vai a ver a Pepe Llorente como fai esculturas de madeira coa motoserra. Non faltará a demostración da malla, o xogo de bolos, elaboración de augardente e un espectáculo ecuestre.

A cata de viños correrá a cargo de María Eugenia Medina e a degustación de queixos por la queixería local de Cumbres de Trevinca. Os concursos de xunguindo os bois e acarabuñando a gadaña realizaranse na mañá do domingo, dia no que pecha a feira ás 14.30 horas.

Crianza Trevinca, exposición ganadera y agrícola (44)
Concurso acarabuñando a gadaña

Crianza Trevinca está organizada polo Concello de a Veiga e conta coa colaboración de INORDE, Deputación Provincial de Ourense e a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Máis oficios, máis gando, máis maquinaria e moitas actividades en Crianza Trevinca