
Comezamos por este venres onde se presenta no Casino do Barco o libro de Santiago Palmeiro, «Tierra sin aire», a historia de unha familia de Albergueria que emigrou a América para converterse nunha das maiores potencias económicas e políticas. Unha historia que nos vai contar o autor o venres, 28 ás 20.00 horas da tarde, no primeiro andar da sociedade Casino do Barco.
E seguindo coa cultura e tamén no Barco, peche da décimo primeira edición do Ciclo de Pero. Na Torre do Castro unha interesante proposta teatral de Berrobambán, «Hai quen recorre os camiños máis longos». Unha obra de teatro para todos os públicos co que se pon «o punto final, o broche de ouro a este De Perto 2023», aseguraba a concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta.

Dentro das actividades deportivas, este venres 28 de xullo, celébrase a andaina «Os Mouchos». As 11.00 horas saída da Praza do Conccello do barco para percorrer 10 quilómetros de noite que levará aos máis de 100 participantes a Veigamuiños, Xagoaza ou O Castro Non estará sinalizado, non haberá avituallamento líquido nin sólido durante o camiño.

Comezan hoxe as festas de Santa Marta en Córgomo. Os festexos arrancarán ca festa e verbena da man da orquesta Solara de Vigo. Xa o sábado, haberá misa solemne e pasarrúas con Charanga CLK e pola tarde festa e verbena coa orquestra Ritmo Joven. Ademais, o día da patroa Santa Marta, ás 20.00 horas presentación do equipo CD Córgomo tanto o primeiro equipo coma os xuvenís.

Festas de San Vítor en Portomourisco. Ás 11.00 horas deste venres 28 de xullo tiña lugar a procesión do santo e logo petiscos na Casa do Pobo. Pola tarde a partires das 20.30 horas música na Praza da Igrexa e á 1.00 verbena amenizada polo Dj Poti.

O Sábado ás 12.00 horas música na praza da Igrexa e pola tarde campionato de tute. Ás 20.00 horas merenda na Casa do Pobo previa inscrición na Asociación A Rabiosa que colabora na organización.

Manzaneda segue coas actividades culturais do verán actividades culturais de verán e o sábado 29 a Praza da Igualdade da vila acolle o VI Serán de Seitura, ás 19:30 h oras. Xa o domingo, XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, ás 11:30 h na Cabeza Grande.

Ese mesmo día en Viana do Bolo tamén soará a música, pero neste caso a música coral xa que se celebra a VII Mostra de Corais, o 29 de xullo, ás 20:30 h na Casa da Cultura. Actuarán a Asociación Cultural Coral de Botos (Lalín-Pontevedra), Coral Polifónica Val do Avia (Leiro-Ourense) e o Orfeón Vianés (Viana do Bolo-Ourense).

Música, pero doutro estilo Praza do Sagrado do Barco onde Amava —Asociación de Música Alternativa de Valdeorras— coa colaboración de Café Teatro Bajo 5, organiza una jam session .
Haberá dous pases: Acústico, ás 19:30 h. Coa actuación de Roberto; Edu, Miri y Quique; Distopik; Chimeno; Rodrigo e Carol. A sesión de eléctrico será ás 22.45 horas coa música de: Trasnochado, Distopik, El Patio de Leni e Maldita Carolain

O Bolo continúa coas visitas con guías oficiais ata o 30 de agosto. O santuario das Ermitas poderase ver os venres, sábados e domingos de 10.00 a 12.00 horas. O Castelo do Bolo, venres, sábados e domingos de 12.30 a 14.30 horas e o Museo Yosso, segundo e cuarto sábado de cada mes. Información e reservas no 606 017 105.

O 29 de xullo, con motivo do 50 aniversario da Festa da Bica, haberá unha comida popular no CEIP Manuel Bermudez Couso de A Pobra de Trives.
Os asistentes poderán degustar empanada de cachena, becerro ao espeto, bica, café e licores. Prezo da entrada: 25 € adultos e 15 € menores de 12 anos. Aforo máximo 500 persoas.Venda de entradas en: Concello da Pobra de Trives, Cafetería Sky.
Andaina Festa da Bica, subida a Manzaneda, o 30 de xullo, ás 8.30 horas saída da praza do Concello. Inscricións en: www.emesports.es
Subida ecuestre a Manzaneda, actividade que se enmarca dentro do 50 aniversario da Festa da Bica, o 30 de xullo, ás 8. 30 horas dende a Praza do Concello. Inscricións na Oficina de Turismo