Probas de son enmarcadas nos plans de emerxencia das presas da comarca
24 de junio de 2024 (11:32 h.)
O vindeiro 25 de xuño, dende as 9:00 ata as 14:00, poderanse escoitar en diferentes emprazamentos da zona
Dende o Concello do Barco anuncian, co fin de informar a poboación, que o vindeiro 25 de xuño, entre as 9:00 e as 14:00, farase unha proba de son enmarcada no "Plan de Emerxencia das presas de Casoio e Pumares".
O equipo de goberno asegura que a poboación non deberá facer nada especial ao escoitala, «nin alarmarse polo son que puidera producir».
Será audible dende os seguintes emprazamentos do termo municipal barquense:
- Candís
- Éntoma
- Coedo
- A Barxa
- O Chao
- Veigamuiños
- A Proba
- Viloira
O Concello de Petín tamén facía público que se realizará esta proba nas Presas de O Bao, Montefurado e Santa Eulalia. Neste caso poderá ser audible dende os seguintes emprazamentos: Petín e Portomourisco.