sábado. 07.06.2025

Probas de son enmarcadas nos plans de emerxencia das presas da comarca

O vindeiro 25 de xuño, dende as 9:00 ata as 14:00, poderanse escoitar en diferentes emprazamentos da zona

somoscomarca_carballeda_pumares_presa_agua_2021

Dende o Concello do Barco anuncian, co fin de informar a poboación, que o vindeiro 25 de xuño, entre as 9:00 e as 14:00, farase unha proba de son enmarcada no "Plan de Emerxencia das presas de Casoio e Pumares".

O equipo de goberno asegura que a poboación non deberá facer nada especial ao escoitala, «nin alarmarse polo son que puidera producir». 

Será audible dende os seguintes emprazamentos do termo municipal barquense: 

  • Candís
  • Éntoma
  • Coedo
  • A Barxa
  • O Chao
  • Veigamuiños
  • A Proba
  • Viloira

O Concello de Petín tamén facía público que se realizará esta proba nas Presas de O Bao, Montefurado e Santa Eulalia. Neste caso poderá ser audible dende os seguintes emprazamentos: Petín e Portomourisco. 

Probas de son enmarcadas nos plans de emerxencia das presas da comarca