jueves. 28.03.2024
Iglesia de San Mauro de O Barco a vista de dron
Os positivos por coronavirus pasan dos 500 no Barco

O Barco xa supera os 500 infectados por coronavirus nesta xornada de 6 de xaneiro, Día de Reis. Concretamente son 511 os contaxiados, case que o dobre dende os últimos días do 2021. O número de casos activos por 100.000 habitantes é de 3.817,99. Na planta azul do Hospital Público de Valdeorras hai 3 hospitalizados pola covid.

O incremento diario de positivos está en torno aos 30 casos, en porcentaxe sobre o 6%. Así, onte había 481 persoas infectadas, que en porcentaxe tradúcese en 30 casos máis a día de hoxe e o incremento é dun 6,23%.

As festas do Nadal e o incremento de probas de antíxenos e PCrs están detrás desta subida imparable de infeccións. O mércores, 5 de xaneiro dos 254 test realizados en Valdeorras, 31 resultaban positivos.

E, non é no único concello no que se produce un ascenso, na Rúa as persoas que teñen covid son 88 e en Viana do Bolo, 70. Aclarar que os festivos o Sergas so facilita os casos naqueles concellos que superan os 30 infectados.

Segundo os datos facilitados polo Sergas, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras con datos actualizados a 5 de xaneiro ás 18:00 horas son 7.164 os pacientes con infección activa, dos cales 58 están hospitalizados, 7 deles en coidados intensivos. Nas últimas 24 horas confirmáronse 761 novos casos por día.

Dos 34.544 contaxiados durante o que vai de pandemia, 26.909 están curados e 474 falecidos. Neste tempo realizáronse 186.881 probas de antíxenos e 421.013 PCRs.

Os positivos por coronavirus pasan dos 500 no Barco