sábado. 20.04.2024

Estes concellos veránse beneficiados de obras na rede viaria provincial pero que atravesan os municipios

A Deputación de Ourense, aprobou a incorporación ao Plan provincial de Cooperación de 13 obras na rede viaria provincial, así como subvencións aos concellos, ademais de entidades sociais e culturais, e outra partida destinada aos clubes participantes nas diferentes Copas Deputación.

Respecto aos cambios no plan, incluense 3 viais pertencentes as comarcas de Valdeorras e Terras de Trives. A OU-0415 ao seu paso polo concello do Bolo contará cun investimento de 48.990 euros; a OU-0752 de A Pobra de Trives con 63.000, mentres que a OU-0751 en Manzaneda veráse beneficiada dunha mellora valorada en 80.000 euros.

A Asociación Empresarial de Valdeorras tamén foi subvencionada con 50.000 euros para gastos de funcionamento. Mentres que o Concello de Vilamartín disporá de 18.000 euros para instalar no pobo de Arnado a esculura "As Lavandeiras" de Pedro Dobao,así como outros 20.000 para organizar os actos de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Tamén foi ratificado o convenio e a concesión dunha subvención ao Concello de Viana do Bolo para a adquisición dun tractor con rozadoira, no marco da colaboración coa Consellería do Medio Rural para dotar a concellos de maquinaria destinada á prevención e loita contra os incendios forestais

O Bolo, Manzaneda e Trives veránse beneficiadas do Plan provincial de Cooperación