jueves. 30.11.2023

San Vitoiro non lle tivo medo as baixas temperaturas que este 27 de agosto marcaba o mercurio, en Lardeira e procesionou ao redor da capela recuberta de pizarra. Celebrouse por todo o alto, nin máis nin menos que a 1200 metros de altitude, con procesión, misa, xantar e baile.

Un ano máis, e a pesares do frío, os veciños da Lardeira e de aldeas próximas como O Trigal, Casaio, Viladequinta e de fora da comarca e de Galicia coma Madrid, Italia ou Gijón, acudiron a chaira na contorna da capela a primeira hora da mañá para festexar o San Vitoiro na pequena igrexa que o santo ten antes de chegar ao pobo .

somoscomarca_carballeda_lardeira_sanvitoiro_2023 (14)

Foi moita xente a que asistiu á misa e logo, coma os romeiros de antes, comeron nos arredores en mesas improvisadas. Entre os que se xuntaron para compartir mesa e mantel estaba unha familia de cuarenta membros, todos primos, e chegados de diferentes puntos da xeografía. Outros, como a familia de Manuel Docampo, nunha caseta que construiron fai corenta e dous anos e  que só abren na festa do San Vitoiro. O resto dos asistentes non lle faltaron ao respecto ao «pulpo» que se vendía no improvisado bar da chaira da capela.

somoscomarca_carballeda_lardeira_sanvitoiro_2023 (19)

Tampouco faltou a música que correu a cargo da orquestra Travesia con sesión vermú e sesión da tarde a partires das 19.00 horas. Todos os asistentes disfrutaron deste día de romería tan frío, que cada ano xunta a máis xente neste entorno tan espectacular.

Lardeira celebrou o San Vitoiro por todo o alto, con misa, procesión e xantar