jueves. 18.04.2024
Iglesia de Larouco
A incidencia en Larouco sitúase nos 7900 casos

Larouco rexistra nos últimos 7 días 31 novos contaxios, 28 deles desde o pasado venres no que tan só notificaba 3 positivos. Segundo fontes consultadas por Somos Comarca estes datos responden a un foco na residencia de maiores e outro relacionado cas xuntanzas de fin de ano.

Nesta nova xornada o número de casos activos sigue medrando en Valdeorras e comarcas. Por ser festivo, desde o Sergas só se facilitan os casos activos nos concellos que superan os 40 infectados. Así, no oriente ourensá, os concellos que están por riba desta cifra son: O Barco con 549 casos activos por covid, A Rúa con 97 e Viana do Bolo con 88.

En porcentaxe por 100000 habitantes, significar que O Barco sitúase cunha taxa de 4101, Viana de 3157 e A Rúa de 2306. Aínda que onde realmente se dispara o índice de casos activos é en Larouco que con data 8 de xaneiro a taxa é de 7913,7; a máis alta de toda a provincia de Ourense. 

A incidencia activa con data 8 de xaneiro nos municipios das área de acción de Somos Comarca son:

Taxa Incidencia Activa por 100000. Data 8/01/22
Manzaneda 118,6
A Veiga 700,1
Vilamartín de Valdeorras 993,4
San Xoan de Río 1185,8
A Pobra de Trives 1191,7
Carballeda de Valdeorras 1601,1
Rubiá 1880,0
Petín 1884,6
A Rúa 2007,9
Vilariño de Conso 2480,9
Viana do Bolo 2980,8
O Bolo 3176,5
O Barco de Valdeorras 3797,2
Larouco 7913,7

 

Datos da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Segundo os datos facilitados polo Sergas, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras con datos actualizados a 8 de xaneiro ás 18:00 horas son 8089 os pacientes con infección activa, dos cales 66 están hospitalizados, 6 deles en coidados intensivos. Nas últimas 24 horas confirmáronse 526 novos casos por día. Na planta azul do Hospital Público de Valdeorras hai dous hospitalizados pola covid.

Dos 36357 contaxiados durante o que vai de pandemia, 27792 están curados e 479 falecidos. Neste tempo realizáronse 191632 probas de antíxenos e 427060 PCRs.

Larouco, cunha incidencia acumulada de 7913 casos é o concello ca taxa mais alta na...