
O grupo En Marea, por iniciativa del diputado Davide Rodríguez, ven de presentar unha proposición non de lei para o seu debate en pleno sobre as axudas que deben percibir as persoas perxudicadas por ataques de lobo ou xabaril nas súas explotacións. En concreto, el grupo pide limitar ditas axudas únicamente a aquelas explotacións extensivas ou semiextensivas, así como ás ecolóxicas, posto que non é «comprensible que as grandes explotacións intensivas poidan recibir antes axudas, xa que teñen un censo maior, que as explotacións extensivas que pastorean co gando día e noite».
En canto ós valados fixos, reclaman a eliminación da esixencia de ter tódolos permisos e licencias no momento de solicitude da axuda, o que pode sustituirse por unha declaración responsable de ter solicitadas as licencias e autorizacións. Tamén piden «a inclusión doutros varemos de puntuación» para estes investimentos, e unha revisión profunda da Memoria Técnica das características dos valados, «pois enterrar menos de 30 cm as estacas para un peche de 1,70 metros, fará que en pouco tempo o valado caia ao chan».
Estas medidas propostas dende En Marea, veñen a recalcar «a importancia destas axudas para acadar un nivel de convivencia aceptable coa fauna salvaxe e fomentar medidas preventivas que permitan unha adecuada xestión da situación actual». Unha situación que según explican, «ven precedida por reunións nas que o inmobilismo, a falta de transparencia, participación e colaboración coas diferentes entidades do sector marcaron a tónica dos anos anteriores».