viernes. 19.04.2024

En catro concellos gaña o PSdeG-PSOE, en catro o PP e nun empate a votos

Mentres que o PSdeG-PSOE gaña as Eleccións Xerais en A Rúa, O Barco, Petín e Vilamartín —concellos nos que ademais posúe as alcaldías—, o PP faino na Veiga, Carballeda, O Bolo e Rubiá. Larouco queda en terra de naide empatando a votos, 103 para cada un.

En canto ó número total de votos conqueridos, o PSdeG-PSOE gaña por máis de 200 o que supón un 1% do total do electorado.

Estes son os resultados en cifras:

Resultados na comarca de Valdeorras

En canto ós candidatos da comarca ó Congreso e ó Senado, dicir que Avelino García Ferradal queda fora do Congreso ó perder o Partido Popular un dos tres deputados. Miguel Bautista Carballo por outra banda, ten opcións a ser senador por ser o suplente do 1º elixido para esta cámara.

Miguel Bautista na xornada de onte

«Un resultado histórico na comarca de Valdeorras», asegura Bautista Carballo quen agarda que nas Municipais, dentro dun mes se mellore aínda máis estes números. «A maquinaria está engraxada e non nos vamos a parar. Vamos a por todas nas municipais», apostilla.

Tabla de resultados das Eleccións Xerais en outros concellos veciños

Para o que foi senador na  lexislatura que acaba de rematar, Avelino García Ferradal, «os resultados non foron o que se perseguían. Non se lograron os obxectivos». Y é que, o Partido Popular pese a gañar na provincia de Ourense non logrou obter ese terceiro deputado que levaría ó Parlamento a Ferradal. «Unha vitoria agridoce. Valdeorras queda sen representación no Parlamento», resalta.

Avelino García votando na xornada do 28 de abril

Sobre o seu futuro, García Ferradal apunta que, até o 20 de maio ten excedencia, logo reflexión e se o deixan, quere darse un tempo. Eso si, confirma que seguirá sendo o presidente d Partido Popular na Rúa


Empate técnico nos Concellos de Valdeorras nas Eleccións Xerais