viernes. 29.03.2024

Case que 150 participantes na IX Carreira e Andaina Popular do Nadal  «1 quilo solidario» celebrada este domingo,  19 de decembro, na Rúa. Na carreira absoluta foron 44 os atletas que tomaron a saída e 49 os andarines. Nas distintas categorías nas que participaron nenos a inscrición pasou dos 50, en total 54.

Por mor do aumento de casos na comarca, especialmente na Rúa e no Barco, son moitos nenos os que están confinados e non puideron acudir, sinalan desde a organización. Destacan «é unha carreira o aire libre. Temos todas as medidas, mascarilla, xel, e non nos puxeron ningunha restrición desde  A Xunta».

A mañá fría na que reinaba un sol radiante fixo que houbera moito movemento antes do inicio das distintas saídas. Non era ben quedar parado. Pasadas as 11:00 horas producíase a primeira saída, a dos andarines e ás 11:30 horas a dos participantes na carreira. Todas as saídas e meta tiveron lugar na Praza da Estación,

Nesta carreira e andaina solidaria  pedíase un quilo de alimentos non perecedoiros, á entrega do dorsal, para axudar ás familias máis desfavorecidas do concello

Cerca de 150 persoas correron polo quilo solidario na Rúa