SOS Galicia convoca ós cidadáns a unirse contra os recortes e o negocio coa saúde
A Plataforma Sanitaria Valdeorras chama aos veciños da comarca a unirse á manifestación convocada por SOS Galicia o vindeiro domingo día 10 de febreiro en Santiago de Compostela «porque non podemos consentir que se xogue coa saúde das persoas».
Dende a plataforma explican que «a imposición pola Xunta da nova Lei de Saúde, á que nos opuxemos nunha masiva mobilización os veciños e veciñas de Valdeorras, Viana do Bolo e Pobra de Trives, acrecenta día a día o deterioro do servizo». Da súa vixencia se desprende «o continuo desmantelamento do hospital comarcal, a falla de pediatras e especialistas, a desatención profesional nos Centros de Atención Primaria coa non substitución de médicos de familia, e tamén, o colapso dos servizos de urxencias hospitalarios que estamos a padecer».
La plataforma sanitaria defiende que «los ciudadanos han de tener una atención sanitaria de calidade que responda aos intereses dos veciños e veciñas. Mantemos a loita para que reverta o barullo no que se atopan o Hospital Comarcal e os Centros de Atención Primaria dos concellos». Acusan á Xunta de «seguir apostando pola privatización da Sanidade que pon en situación límite a saúde de amplas capas da poboación, en especial da que habita no medio rural».
Entre os obxectivos a reivindicar na manifestación do vindeiro domingo día 10, están, recuperar os recortes de persoal sanitario, camas e orzamentos, acabar coa marxinación da Atención Primaria e os EOXIS, recuperar as Áreas Sanitarias e os Hospitais Comarcais, dotar adecuadamente os PAC e os servizos de urxencias hospitalarios, acabar coa precariedade laboral, e recuperar tódolos servizos e centros privatizados.
A plataforma dispuxo autobuses para poder viaxar a Santiago ese día, que sairán da praza do Concello ás 8:00 horas. Para anotarse habilitan o número de teléfono: 649 955 218.