
Este domingo 19 de xaneiro celebrarónse as eleccións para renovar o Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.
Entre as 10.00 e as 17.00 horas, un total de 222 viticultores e adegueiros censados exerceron o seu dereito a voto nas mesas electorais emprazadas no Barco e na Rúa.
Dentro do censo A para o sector productor e conformado por dos subcensos: o A1 e o A2. O A1, integrado por aqueles viticultores que achegaran ao Consello Regulador un maior volume económico en concepto de cotas por actividad nos últimos tres anos naturais; e o A2 composto polo resto de viticultores.
Os resultados foron os seguintes:
Censo A1
- Candidatura Independente “Viticultores Independentes de Valdeorras”- 43 votos
- Sindicato Labrego Galego-18 votos
- Asociación Agraria de Galicia (ASAGA)- 18 votos
- UUAA- 14 votos
Censo A2
- Candidatura Independente “Viticultores Independentes de Valdeorras” – 70 votos
- UUAA – 21 votos
- Sindicato Labrego Galego- 8 votos
Ao tempo, nas eleccións tamén se elixiron os vogais do subcenso B2 —correspondente aos titulares de adegas de menor dimensión do territorio amparado—.
Censo B2
- Candidatura Independente “Adegas Calidade Valdeorras” – 17 votos
- Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) – 10 votos
No subcenso B1, no que figuraban as adegas cun maior volume económico en concepto de cotas destinadas ao Consello Regulador, durante os últimos tres anos naturais non se celebraron eleccións porque se chegou a un acordo previo antes dos comicios (os vogais titulares corresponderán, respectivamente, ás adegas Santa Marta e A Coroa).
Tampouco houbo eleccións no censo C, correspondente ás sociedades cooperativas, porque se chegou a un acordo de xeito que un vogal corresponde á Bodega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco e outro á Bodega Cooperativa Virxe das Viñas da Rúa.