viernes. 13.06.2025

Xabalí atropelado en Vilamartín e accidente dunha furgoneta en Carballeda

Atropello jabalí en Vilamartín
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Atropelo de dous xabarís no quilómetro 463 da estrada N-120, en Vilamartín, á altura da Denominación de Orixe Valdeorras. Un particular avisaba as 19:30 horas ó 112 que, estaba implicado no atropelo de un xabalí que formaba parte dunha manada que atravesaba a N-120 no momento que pasaba o seu vehículo. Os restos quedaron espallados pola estrada o que difilcultou a conducción. No accidente non houbo feridos pero si danos materiais. Ó lugar dos feitos acudiu a Garda Civil de Tráfico e  Protección Civil de Vilamartín.

Tamén resultou ferido o condutor dunha furgoneta que transportaba bombonas de oxixeno o saírse o vehículo da vía. Foi trasladado o Hospital Comarcal Valdeorras aínda que en principio non revestía gravidade. O accidente tivo lugar no quilómetro 26 da OU-122, a estrada que une Casaio co alto de Trevinca.

Unha persoa particular chamou ao 112 ás 17:57 horas desta tarde para dar conta da situación. O persoal da central de emerxencias do 112 Galicia explicou a situación aos Bombeiros de Valdeorras,, tamén se informou a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e os GES de Valdeorras

Xabalí atropelado en Vilamartín e accidente dunha furgoneta en Carballeda