viernes. 19.04.2024

Vai caendo a tarde e con ela o cansancio aflora pero aínda quedan folgos para achegarse a Sobradelo din que están ardendo casas no Sobradelo Vello —era un bulo—. Enfilo a N-536 e nada máis chegar ao cruce de Millarouso , as brasas soben polos xardois e pintan luceciñas de nadal no tronco, se non fora polo dano que fai o lume hasta diría que teñen o seu aquel. Non o entendo ardía onde ardera onte.

A o longo de todo o camiño pequenos focos van acompañando o traxecto que separa O Barco de Sobradelo, parecen vagalumes. Ao enfilar a recta de Candís xa se empeza a bislumbrar o espectáculo dantesco que en breve descubriremos.

Vídeo do lume en Santurxo:

Norte, sur, este ou oeste, mire por onde se mire hay lume, No Camiño de Inverno, na estrada de Éntoma, indo cara Casaio ou cara a Medua, todo é lume. Disque non hai covertura de telefonía desde onte e que a luz marchou desde as 7 da tarde até as 10 da mañá de hoxe. Tamén comentaban uns rapaces que pasaban pola Ponte Nova que na pizarreira que traballan, mandarnos para a casa e non fixeron a quenda da noite.

Video do lume en Sobradelo:

Arderon casas en Robledo de Domiz, houbo un choque entre coches e un quedou calcinado, o lume está a chegar a igrexa de Carballeda... a estrada que leva a Casio parece estar plagad de vagalumes e a que conduce a Medua é imposible transitala o lume é terrorífico.

Imaxes dantescas que só desexamos que mañá non volvan.

Sobradelo rodeada polo lume