
A raíz da resolución favorable á Comunidade de Montes de Portela e Trigal que se deu a coñecer onte polo TSXG que non se materialice a expropiación dos terreos impulsada pola Xunta, as reaccións vanse sucedendo.
O secretario da CIG en Valdeorras, Francisco Moral, tras coñecerse co desafiuzamento dos terreos do grupo Irosa-Samaca se levarán a cabo este mércores , 29 de novembro, mostrou o seu desacordo e a incertidume na que se volven a ver os 250 traballadores que posiblemente desde mañá non poidan volver ao seu centro de traballo.
O preacordo entre a Comunidad de Montes Portela y Trigal e a pizarreira rompeu segundo informou a este medio Moral. «A resolución saíulles favorable aos comuneiros A raíz diso foi cando empezou a pasar isto», afirma. «O que tememos é que cando pechen as portas non se van volver abrir», asegura.
O Tribunal Superior de Xusticia deu de novo a razón á Comunidad de Montes, polo que esta votouse para atrás. «Desde onte levamos falando coa empresa porque polo visto non se daban posto en contacto cos comuneiros, e claro, nos seguimos igual que sempre. Sabiamos que había un preacordo, os comuneiros dicían que se modificara, de feito a empresa déunolo sen ningún problema e ensinoullo aos traballadores».
Esta maña os comuneiros de Portela y Trigal reuníanse para valorar se aceptaban, ou non o acordo, e o comité persoouse no lugar, pero o presidente, Odilo Fernández, non os recibiu. «Deixounos moi claro que se había modificado o acordo e que a culpa era da empresa», aclara o secretario da CIG. «Dixémoslle a Rogelio que subira arriba a ver cal dos dous mentía. Metéronse alí, loxicamente a nos vetáronnos, como sempre. Non puidemos entrar e saíron de alí polo visto cun acordo», segue a contar.
«O acordo nin o sei nin me interesa. Sabemos que mañá hai un alzamento e que se vai facer efectivo. No momento que suba a xente do xulgado temos que saír que van a precintar e despois que xa volverán abrir». Pero nin traballadores nin sindicatos se «fían» e por elo tentaran que iso non ocorra.