Isidro García Tato, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1947, é un teólogo e historiador galego. En 1973 licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Entre 1973 e 1976 foi bolseiro nas Universidades de Múnic e Ratisbona (Alemaña), onde foi alumno de Joseph Ratzinger.
nesta ocasión, é o encargado de contar a historia de San Xil de Casaio (Carballeda de Valdeorras). «Foi un monxe que se di que era berciano. Parece ser que naceu na Cuenca do Valdueza e se formou no mosteiro de Santa María de Carracedo», comenta García. Ao que añade: «Mandaron a el, a un irmán e a uns cantos monxes a San Martín de Castañeda».
Despois dun tempo «aburriuse, xa que vía que a súa mensaxe non era aceptado. Entón, pediulle o abade que o mandara a unha granxa apartada». O destino elixido foi «Santa Cruz de Casoio e estiveron aquí unha temporada».
Nesta nova vida atopouse cunha problemática, «non o deixaban tranquilo era unha persoa moi formada porque calquera preito que había ían onde el. Entón retirouse a conca do río San Xil xunto co seu irmán, hasta que faleceu calculo que polo ano 1254».
Arredor do ano «1603 ou 1604 uns pastores estaban co seu ganado en San Xil, entorno a capela. E non lle deu outra cousa que por entrar dentro e quitarlle a tapa ao sarcófago e encontraron a momia que se vía que estaba amortaxado. Polo tanto, era un monxe».
Era na época estival, «armouse unha tormenta que alí tremía todo. Hai que ter en conta que naquel tempo había que buscara todo unha causa sobrenatural».
Despois disto tomaron a decisión de «recompoñer a desfeita dos pastores e volveron colocar o sarcófago na parede do presbiterio da capela. Alí están os restos do San Xil».
Fará «uns 14 ou 15 anos decátome que retiraran o retablo para pintalo». Aí foi onde Isidro García tivo a oportunidade de ver o que rompeu en épocas pasadas.