Música, abrazos, emocións a flor de pel e moita troula no derradeiro día do curso no Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo.
«Aparte da festa de fin de curso estámoslle dando a benvida ao verán», di a directora do Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo nada máis cruzamos a cancela do colexio. Debuxos de palmeiras que transportan a illas paradisíacas ou táboas de surf para rememorar o cursiño que fixo o alumnado, forman parte da decoración deste último día.

Percorremos o colexio da man da súa directora quen nos amosa algún dos traballos que fixeron os rapaces e rapazas durante o ano. Nada máis entrar 16 óleos ca lingua dos Rolling Stones realizada polos alumnos da iso chama a nosa atención. O Profesor de plástica Marcos explicounos o porque e outras obras realizadas no colexio.
Os rapaces e rapaces fixeron unha curta no que o cole estaba invadido polos zombis. Participou todo o colexio desde 4º de primaria, A biblioteca inauguraron para darlle a inauguración para proxectar o curta.

Hoxe íanse as 12:30, un pouquiño antes do habitual. Coas notas e ca barriga chea xa que puideron tomar no comedor petiscos y lambonadas. Tamén levaron para a casa unha mochila personalizada que coas dedicatorias dos seus profes favoritos e dos amiguiños. Un recordo bonito e «para sempre»

Non fixemos festival, porque a verdade é que este fin de curso foi un pouco especial sobre todo en secundaria, Foi así, un pouco atropelado, cos cambios que hai ao non haber xa setembro. Todo iso afectou a festa de fin de curso, non podes preparar como tal porque tes que atender aos exames de recuperación.

Ademais da proxección da curta, «os rapaces tocaron unhas pezas de música», despedidas, un pasillo aos de cuarto que se ían. Día de despedidas e comezo de vacacións.
Vídeo do percorrido que fixemos polo colexio da man da súa directora, Berta Gudiña: