viernes. 29.03.2024

María del Carmen González: « É unha obra feita con moita sensibilidade que persegue espazos máis humanizados e a vez gañar en seguridade e mobilidade»

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González Quintela, asinaron esta mañá o convenio de colaboración que regulará a execución das obras de humanización nas rúas Travesía Estrada de Éntoma e Francisco Neira, en Sobradelo.

El técnico del Concello explicando la obra

Trátase da primeira actuación que se leva a cabo no Concello de Carballeda dentro do Plan hUrbe. Prevé un investimento de case 140.000 euros, dos que a Xunta achega un 70%; mentres que o Concello achegará a parte restante. Medio Ambiente licitará as obras antes do verán.



Os traballos consistirán na mellora da accesibilidade desde o estribo dereito da ponte do ferrocarril ata o edificio da estación. Tamén se dotará á zona, dunha nova beirarrúa máis ampla, incluíndo unha entrada á praza colídante co edificio de Renfe e tres pasos de peóns.


Na zona da farmacia, «unha zona difícil segundo o técnico» farase unha rampla central por onde circulen as cadeiras de rodas e unhas escaleiras laterais. Será o mesmo sistema que se empregará na curva pronunciada — con pendente do 18% nalgúns tramos— que hai fronte o centro de saúde e o centro social, xa que é unha zona moi xeadeira e as escaleiras permitiran evitar as caídas.

O técnico explicacións in situ sobre a obra que a realizar preto das escaleiras da farmacia

Acondicionarase a travesía Francisco Neira cun novo pavimento,  instalación dunha varanda, e colocación de xardineiras e bancos-cadeira. Esta é outra obra complicada, segundo o técnico, xa que ó primeiro tramo (baixada desde o Concello) teñen acceso os vehículos e, o segundo son unhas escaleiras moi largas. A beirarrúa da estrada de Éntoma, onde ten saída esta zona peonil, ensancharase para mellorar a mobilidade dos peóns.

A humanización da rúa Francisco Neira ofrece certa dificultade

Espazos máis humanizados que gañen en seguridade

María del Carmen González subliñou que se quere rescatar a zona do abandono no que se atopa. «No seu día foi o pulmón de  Sobradelo. Tivo moita vida, e moito pulo. Era onde viñan os camións coa pizarra que se exportaba a través do ferrocarril». Foi unha das mellores zoas do municipio, pero co paso dos anos quedou «semiabandonada».

Paso por debaixo da vía que mellorará a visibilidade

O paso baixo a vía que se vai arranxar é o único que comunica a N-536 co centro do pobo y  ata que se faga un novo acceso é necesario arranxar o que se ten. «O presidente xa coñece o problema en no futuro esperamos ter outro paso»,  Fixo notar González, facendo chegar de novo a petición a Santiago.

Colaboración entre administracións

Angeles Vázquez, destacou esta firma como un tramo administrativo máis que non se pode demorar no tempo. Segundo a conselleira «vai con bastante tardanza debido a demora dos informes sectoriais previos». «Despois dun traballo arduo por parte do técnico municipal e o secretario e gracias a insistencia da alcaldesa chegamos ata aquí», sinalaba. Despois desta sinatura comezaran os tramites para a contratación por parte de Concellería. «Xa son eminentes», segundo Vázquez.



Esta actuación execútase a cargo do Plan hUrbe 2019-2020, que ten por obxectivos principais conseguir unhas vilas accesibles, habitables e que ofrezan calidade de vida aos seus veciños. Nese sentido, destacou Vázquez que este tipo de axudas ou colaboracións son motores de dinamización social e económica cun importante número de servizos públicos que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

As acción na beirarrúa permitirán ancheala

Engadiu que esta liña de actuación pretende avanzar cara a un urbanismo responsable e sostible e avogar pola recuperación e posta en valor das vilas e cidades galegas, así como patrimonio.



Por último, recordou que no período 2010-2018 se executaron 200 actuacións ao abeiro do Plan hUrbe, que beneficiaron a un total de 125 concellos: 33 na provincia da Coruña, 24 en Lugo, 43 en Ourense e 25 en Pontevedra.

Nesta zona sitiarase un paso de peóns

As obras de humanización en Sobradelo mellorarán a accesibilidade e mobilidade