
A aldea de Nogueiras leva máis de 7 décadas abandonada, se finalmente é declarada como aldea modelo podería ser restaurada
A aldea de Nogueiras, pertencente ao Concello de Carballeda de Valdeorras será proposta como aldea modelo por parte da Xunta de Galicia. Así foi anunciado durante a visita a este lugar por parte do conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.
Ambos coñeceron este lugar da man da alcalesa María del Carmen González. Esta aldea leva máis de 7 décadas abandonada, e o seu entorno está sendo estudado polos técnicos para convertelo na décimo quinta aldea modelo de Galicia e así optar a ser restaurada.
González salientou a excelente posición xeográfica do lugar, xusto na entrada da comunidade. «É unha aldea que está no Camiño de Inverno, que ademáis tratando de impulsalo e nunha zona para o desenvolvemento agrogandeiro que é impresionante».
No proxecto colleríanse 13 hectáreas que permitirán no futuro incentivar a actividade económica nestas terras, actuando a súa vez na prevención de incencios forestais.
Actualmente hai 14 aldeas modelo en Galicia. 10 delas están na provincia de Ourense, e desas 10, 2 na comarca de Valdeorras. Meixide no Concello da Veiga e Vilariño en O Barco xa forman parte do catálogo destinado a reavivar no rural a productividade económica.