lunes. 23.06.2025

Un semáforo mentres se acada unha solución para o tramo máis perigoso do Camiño

O Camiño de Inverno está volvendo a acadar o esplendor que tiña antes da pandemia, no pasado mes de setembro pasaron por Valdeorras unha media de 15 peregrinos ao día pero a perigosidade do tramo entre Vilamartín e a Rúa segue sen resolver
somoscomarca_arua_camiñodeinverno_caminodeinvierno_tramopeligroso_ou603_peregrinos_2021 (3)
Un semáforo mentres se acada unha solución no tramo máis perigoso do Camiño

Asunción Arias participaba a fin de semana pasada en Xantar. Alí reuníanse todas as asociacións do Camiño federadas, na que o colectivo que preside Asunción ocupa a secretaría. Poñíase enriba da mesa, entre outros, o tema do risco por mor das estradas nos diferentes Camiños. Tamén, desde o posto que a Asociación da Vía da Prata ten no evento gastronómico celebrado en Ourense, permitíuselle ás asociacións participantes colocar guías e merchandising para dar a coñecer os seus camiños.

A presidenta valdeorresa  coincidía co Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Camba, a quen lle arrincaba o compromiso de vir a Valdeorras a ver o tramo perigoso entre Vilamartín e A Rúa e poñer solución. «Dixémoslle que viñera presencialmente para resolver momentaneamente o que mentres non se resolva o tema se poña un semáforo dixitalizado para que cando transiten os peregrinos se poda resolver o tema do risco».

somoscomarca_arua_camiñodeinverno_caminodeinvierno_tramopeligroso_ou603_peregrinos_2021 (2)Tramo peligroso donde se quiere poner el semáforo. Sonia Rodríguez

O cometido da asociación, segundo a súa presidenta, é de informar dos lugares que teñen risco por iso se está «intentando resolver coa Dirección Xeral de Tráfico e coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o tramo da 606 que vai desde o final de Vilamartín ata a entrada da Rúa» que o declaren perigoso.  Sinala que as asociacións do Camiño están formadas por voluntarios que non teñen poder e que non poden resolver pero si por en coñecemento das institucións o que lle trasladan os peregrinos e o que eles mesmos observan.

Estas asociacións teñen un ha natureza cultural polo cal, como explica Arias, non entran a debater nin a discutir. O seu cometido é informar e promover o camiño e si hai riscos informar e intentar resolver.

Revisión do Camiño de Ponferrada a Santiago

Antes de acabar o ano a Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras ten por costume facer o tramo desde Ponferrada a Santiago para comprobar in situ cales son as carencias e o que se pode mellorar. Nesta ocasión un pequeno grupo formado por militares, a persoa que fai a guía do Camiño, coa presidenta á cabeza partiron o día 4 de novembro desde Ponferrada  e  segundo Arias, «revisáronse tanto no Bierzo como en Valdeorras as distintas variantes e os finais de etapa. Na Rúa e en Éntoma houbo un encontro no que se chegou a conclusión que había alternativas lóxicas e outras non tanto, xa que non tiñan sentido». Tamén se  expresaron queixas no senso da falta unificación de criterio.

somoscomarca_vilamartin_camiñodeinverno_caminodeinvierno_alternativas_2021 Unha das alternativas do Camiño o seu paso por Vilamartín. Sonia Rodríguez

Un Camiño en pleno apoxeo

Durante o mes de setembro superouse a cifra de 500 peregrinos no tramo de Valdeorras, unha media de entre 15 a 18 persoas pasan por terras de Valdeorras.

O esplendor tamén se reflicte no aumento do número de establecementos onde se pode selar a credencial do peregrino —compostela—. Será principalmente no concello da Rúa, aínda que como significa Arias está aberto para todos os demais, sobre todo para Carballeda que é por onde entra o Camiño.

Antes de finalizar o ano farase unha cena de socios e a asemblea que o pasado por mor da pandemia non se puido celebrar.

Se queres escoitar a conversa que mantivemos con Asunción Arias, presidenta da Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras, en Radio Valdeorras Onda Cero, preme na seguinte ligazón: 

 

Un semáforo mentres se acada unha solución para o tramo máis perigoso do Camiño